Santiago informa á Fiscalía do "incumprimento" de ordes municipais na canteira de Santa Mariña

O concello santiagués apunta que "esperamos que se logre pechar, porque ten un enorme impacto nunha zona protexida e de valor paisaxístico".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2020 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago trasladou á Fiscalía o "incumprimento" de ordes municipais por parte da canteira do Monte de Santa Mariña, que ten un impacto ambiental e visual "moi negativo" nunha zona protexida.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, informou este luns en rolda de prensa de que a xunta de goberno local rexeitou o recurso presentado contra a concesión da licenza, que é "só" de recperación da contorna, pero non de ampliación nin para que a empresa "siga sacando pedra".

Trátase, en palabras de rexedor, dun proxecto que ten "un enorme impacto ambiental e visual" para a zona de Sar e que é "moi visible" desde zonas como a Cidade da Cultura, o Monte O Viso e a autoestrada.

"Esperamos que se logre pechar, porque ten un enorme impacto nunha zona protexida e de valor paisaxístico", engadiu.

OBRAS EN CONCHEIROS

Ademais, a xunta de goberno local acordou a adxudicación das obras da rúa Concheiros por un importe de case 2,2 millóns de euros cun prazo de execución de nove meses. A previsión do Concello, explicou o alcalde, é que a obra "estea concluída antes do Apóstolo" de 2021, entre "xuño e xullo se todo vai ben".

Seguidamente, Bugallo recoñeceu que se trata dunha actuación "complicada", porque se tentará compatibilizar con "a actividade comercial e residencial" na zona. "Desde logo, a auga, o saneamento, o gas e a rede de sumidoiros teñen que estar operativos", apostilou.

Non en balde, o alcalde compostelán destacou que, coas obras que realizará o Concello na rúa Concheiros e as da Xunta no cruzamento, o investimento de ambos os administración roldará os 5 millóns de euros.

AXUDAS AO COMERCIO LOCAL

Así mesmo, a xunta de goberno local aprobou, a proposta de Alcaldía, outorgar 136 axudas para a mellora e a innovación do comercio local no marco do programa 'Coidar para mellorar 2020'.

En total, todas estas subvencións suporán un desembolso local de 225.762,71 euros, á espera de que se resolvan outro dez axudas por valor de 6.000 euros.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xunta de goberno local no Salón de Plenos do Pazo de Raxoi.. CONCELLO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xunta de goberno local no Salón de Plenos do Pazo de Raxoi.. CONCELLO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta