Os estranxeiros seguen movendo a economía en Galicia

Traballan no sector do fogar, do agro e do mar, principalmente. A Seguridade Social gañou 991 afiliados estranxeiros en agosto, un 2,47%, máis que a media estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/09/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou unha media de 991 afiliados estranxeiros no mes de agosto en Galicia, o que supón un incremento do 2,47% con respecto ao mes anterior, por encima do 0,6% da media, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

En relación con agosto de 2019, os estranxeiros dados de alta na Seguridade Social son 999 máis, o que representa un aumento do 2,49%, ata situar o total en 41.175 persoas. Por provincias, mensualmente (de xullo a agosto), a maior subida foi a da Coruña (+3,41%), seguida de Ourense (+2,45%), Pontevedra (+2,06%) e Lugo (+1,12%).

Por sectores, os 41.175 estranxeiros afiliados na comunidade distribúense entre as 32.509 persoas do réxime xeral (27.546 do subtipo xeral, 3.274 do fogar e 1.689 do sector agrario), 7.249 autónomos e 1.417 traballadores do mar.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou unha media de 13.611 afiliados estranxeiros no mes de agosto, o que supón un 0,6% máis que no mes anterior, ata situarse o total de inmigrantes en alta en 2.062.871 cotizantes.

Un traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO -  ARQUIVO
Un traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO - ARQUIVO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se queremos ter futuro cómpre multiplicar a cifra cen veces ! Se queremos manter servizos no rural, potenciar a natalidade, manter as aldeas vivas, incrementar a creatividade e dispoñer de man de obra cualificada con ganas de traballar teríamos que espabilar antes de que outros países nos collan a dianteira ofertando asilo aos millóns que agardan unha oportunidade (?) Sen esquecer a reconstrucción das vivendas abandoadas por todo o país (e que agora seica son okupadas por mafias sen identificar! Mentira!) https://i.gal/gamela13 O mundo é suficiente para todos agás para a AVARICIA duns poucos !