A cifra de negocios da industria baixa un 2,2% en xullo en Galicia

A baixada é moito menor a do conxunto do estado que foi dun 10,6%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria baixou un 2,2% en xullo en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, taxa case cinco veces inferior á da media estatal (-10,6%), de acordo cos datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, no que vai de ano na comunidade galega, as vendas da industria acumulan unha evolución negativa, en concreto, cun descenso do 13,2%. No conxunto estatal, as vendas da industria caeron un 10,6% o pasado mes de xullo respecto ao mesmo mes de 2019, taxa seis décimas inferior á de xuño e 30 puntos por baixo do esborralle histórico de abril, cando a paralización case total do sector durante a primeira metade de mes levou a un retroceso das vendas superior ao 40%.

Coa caída de xullo, a facturación da industria encadea cinco meses consecutivos de taxas interanuais negativas debido aos efectos da crise sanitaria sobre o sector.

AVANCE MENSUAL

Agora ben, en termos mensuais e en datos corrixidos de estacionalidade e calendario, a industria rexistrou avances nas súas vendas por terceiro mes consecutivo, aínda que o de xullo, cifrado nun 6,5%, foi moito máis moderado que o de maio (+18,3%) e xuño (+18%).

As actividades que máis incrementaron as súas vendas respecto de xuño foron a confección de pezas de vestir (+17,2%), a fabricación de bebidas (+16,9%) e a fabricación de mobles (+15,2%).

Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo
Fábrica de Finsa. FINSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta