Temas: OUFF CINE

Ourense acolle a 25 edición do seu festival de cine co "mellor balance cualitativo" dos últimos anos

A cidade acollerá desde o 25 de setembro ao 3 de outubro o OUFF.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 22/09/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A cidade acollerá desde o 25 de setembro ao 3 de outubro a 25ª edición do Ourense Filme Festival (OUFF), unha cita "condicionada" pola pandemia da COVID-19, pero que, con todo, preséntase co "mellor balance cualitativo dos tres últimos anos". Así o manifestou esta mañá durante a presentación no centro cultural Marcos Valcárcel o director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, quen enxalzou o festival por ser "o único de Galicia que ten unha sección internacional", á vez que animou ao público a acudir ás diferentes actividades porque, sostivo, "o cinema é o espectáculo máis seguro que hai".

Presentación da 25ª edición do Ourense Filme Festival (OUFF).
Presentación da 25ª edición do Ourense Filme Festival (OUFF). | Fonte: Europa Press

En total, o certame recibiu máis de 400 pezas audiovisuais --documentais, longametraxes e curtos-- de 65 países diferentes, das que 10 --nas que están involucradas 17 nacionalidades-- competirán polos premios da sección oficial, "unha das mellores dos últimos anos", reiterou Fernández.

Proxectaranse 91 filmes --12 ao día-- nas catro sedes do festival: o Teatro Principal, o Auditorio, as salas do centro comercial Ponte Vella e o Cineclube Pai Feijóo. Ademais, celebraranse dous concertos, un deles coa firma de Luar na lubre, no Auditorio; e unha exposición nos Marcos Valcárcel sobre as vodas de prata da sétima arte en Ourense.

Por primeira vez, dous filmes ourensáns --e dúas estreas-- inaugurarán e clausurarán o festival: 'Esquecemento e León', de Xavier Bermúdez, e 'Luarada', de Óscar Doviso, respectivamente.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lembrou que a súa institución evitou "que desaparecese" o OUFF --tras consideralo inasumible o Concello da capital en 2018--, e "neste 2020 tan difícil, resiste, e quen resiste gana": "O protagonismo de Ourense é indubidable", abundou.

Baltar puxo a énfase, na mesma liña, na "aposta internacional" da cita e na presenza de cinco directoras nas 10 películas da sección oficial.

Temas: OUFF CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta