Detectados catro novos brotes que suman 18 casos de COVID-19 na provincia de Ourense

Un brote foi detectaco en varios concellos da Baixa Limia, outro en Padrenda e dous novos Brotes en Verín ademais de dous novos positivos na cidade de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/09/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este martes da detección de catro novos brotes de coronavirus que afectan a un total de 18 casos activos en distintos municipios da provincia de Ourense.

En concreto, detectouse un brote que afecta a varios municipios de Baixa Limia, con nexos comúns, e que inclúe a seis persoas, tres mulleres de 23, 42 e 46 anos e tres homes de 26, 28 e 67 anos.

Do mesmo xeito, no municipio de Padrenda rexistrouse outro foco, de orixe familiar, con tres casos activos: unha muller de 75 anos e dous menores.

Finalmente, no Concello de Verín hai dous novos brotes, un de orixe social e familiar con cinco casos --catro mulleres e un home-- e outro de orixe familiar con catro casos: unha muller de 41 anos, un home de 33 e dous menores.

Por outra banda, fontes da área sanitaria ourensá informaron da detección de dous novos positivos vinculados a un brote na cidade de Ourense, que xa afecta a sete persoas. Os novos casos son os dun home de 36 anos e un menor.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta