A Asociación Española contra o Cancro celebra o seu peditorio anual en Santiago e A Coruña con menos mesas pola Covid

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro celebra este mércores na cidade herculina e en Santiago o seu tradicional peditorio co obxectivo de recadar fondos que axuden a avanzar na investigación oncolóxica.

Segundo informou a entidade, nesta ocasión, debido á pandemia provocada pola Covid-19 e "para cumprir con todas as medidas de seguridade e protexer á poboación, o peditorio será, fundamentalmente, dixital".

En Santiago instalaranse seis mesas -un número moi inferior ao de ocasións anteriores-, indicou a entidade, e nelas non colaborarán persoas con perfís de risco.

Ademais, por primeira vez, púxose en marcha un sistema de doazón telemático a través de huchas virtuais para que, quen o desexe, poida colaborar desde calquera lugar a través de Internet. Na provincia da Coruña, é posible doar a través do enlace https://yoayudo.aecc.es/huchadigital/2000001100

Campaña de mulleres sobreviventes de cancro en Fene (A Coruña). POR MÁIS VIDA
Campaña de mulleres sobreviventes de cancro en Fene (A Coruña). POR MÁIS VIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta