A Xunta pecha 15 aulas máis, ata as 50, e xa son case 180 os contaxiados

Detectan novos positivos en centros de Carballo, Cee, Lugo, Santiago, Teo, Foz, Pedrafita do Cebreiro, Ourense, Barro, Marín, Meis e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A incidencia da pandemia na comunidade galega obrigou ás autoridades sanitarias a manter pechadas unhas 50 aulas en centros e gardarías ao longo de todo o territorio debido a positivos entre alumnos ou docentes rexistrados en diversas escolas.

Os datos trasladados pola Xunta cuantifican un total de 179 positivos nos centros educativos, 18 máis que os comunicados este martes. Parte destes novos contaxios detectáronse nunha ducia de municipios, en concreto Carballo, Cee, Lugo, Santiago, Teo, Foz, Pedrafita do Cebreiro, Ourense, Barro, Marín, Meis e Vigo, e as cifras reflicten o peche de polo menos 15 unidades máis que se suman ao montante.

Doutra banda, varios centros desapareceron da listaxe de casos trasladado pola Xunta, en concreto o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas, o IES de Fene, o IES Manuel García Barros da Estrada, o CEIP Castelao de Vigo e o CEIP Fontes-Baíña de Baiona.

É por iso que a incidencia real e os positivos detectados no sistema educativo galego sería aínda maior a ese incremento de 18 novos contaxios e 15 unidades pechadas detecado respecto dos datos do martes.

Un dos novos focos detectados foi o CPR Plurilingüe Artai, no municipio de Carballo, e outro en Cee, concretamente no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo. Na área de Compostela, tamén se deron casos no CPR Plurilingüe Compañía de María e no IES Cacheiras, do municipio de Teo.

Outros positivos detectáronse no CEIP O Cantel de Foz e no CPI Pedrafita do Cebreiro, que obrigou a pechar unha aula no centro. Lugo rexistrou novos contaxios no CEIP Benigno Quiroga Ballesterios, o IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, o IES Sanxillao e o CPR Plurilingüe A Milagrosa.

O CEIP As Mercedes de Ourense tamén contabilizou un novo contaxio, ademais do CEIP Amor Ruibal de Barro, o CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín e o CPI Mosteiro de Meis.

En Vigo, un novo positivo obrigou ao peche dunha unidade no CEIP Carlos Casares, e tamén se contabilizaron outros contaxios no CPR Plurilingüe Escolas Nieto, IES de Beade e a escola de educación infantil Villa Laura, que mantén unha aula pechada.

MAIOR INCIDENCIA EN SANTIAGO E A CORUÑA

As áreas de Santiago e da Coruña rexistran a maioría de casos, con 35 e 35 positivos respectivamente e cinco unidades pechadas en cada unha.

Así mesmo, Pontevedra conta con 31 positivos e 12 unidades pechadas, Vigo con 29 contaxios e 19 aulas afectadas e Lugo ascende ata os 23 positivos e dúas aulas pechadas. Ourense, pola súa banda, rexistra 22 positivos e sete unidades pechadas e Ferrol uns cinco casos.

O CPR Calasancio de Pontevedra mantense como o centro con maior incidencia, ao contar con seis positivos e dúas unidades pechadas, xunto ao CPR María Auxiliadora de Vigo, con catro contaxios e unha aula clausurada.

Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19. EUROPA PRESS/MARÍA JOSÉ LÓPEZ - Arquivo / Europa Press
Aula nun centro con cartel sobre a COVID-19. EUROPA PRESS/MARÍA JOSÉ LÓPEZ - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Uff uff dicía a meretriz

Se de verdade se fixeran as cousas como hsi que facelas en 15 días estarían o 70 por cento dos centros pechados. Pero poñamos corentena de 10 días e se fai falta de 2 e xa amañamos o problema. E se non, poñemos corentena de "oito a ocho" e xa está. Os avós que sufran pasamento é a pedrea porque aforra a Seguridade Social unha pensión. Claro que ao mellor cae o consumo polo soldo paupérrimo deses chonillos que non dá para BmWs de segunda man, tomar os viñotes e vicios varios...