Temas: FACENDA XUNTA FEMP

A FEMP remitirá a Facenda unha proposta alternativa para tratar de desbloquear os remanentes

O acordo incluiría o fondo de 5.000 millóns de euros e o de transportes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) prepara unha proposta alternativa á exposta polo Ministerio de Facenda e que inclúe o fondo de 5.000 millóns de euros e o de transportes, que figuraban no acordo que foi tombado polo Congreso dos Deputados.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante unha rolda de prensa.. CONCELLO DE VIGO
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante unha rolda de prensa.. CONCELLO DE VIGO | Fonte: Europa Press

Así o explicou o presidente da federación, Abel Caballero, despois da reunión da Xunta de Portavoces, na que se acordou celebrar este xoves unha reunión de carácter técnico para avanzar na proposta económica, que será remitida directamente ao departamento que dirixe María Jesús Montero.

"Consideramos imprescindible que se aprobe todo aquilo que está no novo decreto anunciado polo Goberno", dixo o propio Caballero que, ademais, insistiu en que este "ha de aprobarse de forma inmediata". Nesta liña, o presidente da FEMP asegurou que debe contemplarse como prioritario poder usar os remanentes das entidades locais "dos que dispoñen 7.800 concellos".

"URXENTÍSIMO"

Segundo Caballero, é "urxentísimo dispor do superávit" porque para, que esa disposición sexa efectiva, é precisa unha tramitación e apenas "quedan dúas ou tres semanas". Ademais, no mesmo plano de urxencia está, engadiu, "o deixar sen efecto a regra de gasto e o resto de medidas contempladas na última proposta de Facenda".

Así mesmo, Caballero cualificou de "imprescindibles", ademais, os fondos de 5.000 millóns e de transportes, "que estaban no Real Decreto Lei e habilitar o uso dos remanentes acurtando, se é posible, o tempo para empezar a utilizalos". "A FEMP non renuncia a nada", deixou claro.

Temas: FACENDA XUNTA FEMP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta