Case o 60% dos presentados á parte obrigatoria da ABAU en setembro logra aprobar

En suma, dos 1.538 estudantes que se habían matriculado, uns 1.468 acudiron finalmente aos exames na parte obrigatoria ou voluntaria da convocatoria, é dicir, o 95,45 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

Preto do 57 por cento do alumnado que se presentou á parte obrigatoria da selectividade logrou aprobar os exames. Así se desprende dos datos facilitados pola Comisión Interuniversitaria de Galicia respecto da convocatoria extraordinaria da ABAU, celebrada o 15, 16 e 17 de setembro.

En suma, dos 1.538 estudantes matriculados, uns 1.468 acudiron finalmente aos exames na parte obrigatoria ou voluntaria da convocatoria, é dicir, o 95,45 por cento.

No entanto, unicamente 827 realizaron a parte obrigatoria da ABAU e, deles, aprobaron algo máis da metade. En concreto foron 427 alumnos aptos, un 56,95 por cento.

A maioría dos alumnos, uns 1.250, presentáronse a esta convocatoria para subir nota, algúns á parte obrigatoria e outros a materias específicas.

Este perfil responde a estudantes con expectativas de mellorar as súas posibilidades para optar a unha titulación da súa preferencia non tanto para este ano, senón para o próximo, posto que gran parte dos graos esgotaron o límite de prazas e pecharon matrícula.

O resto serían alumnos que non tiñan aprobado o bacharelato e se presentaron tras as recuperacións. No entanto, unha elevada porcentaxe dos que optaron á ABAU de xullo logrou superar as probas, o que explica a redución na matrícula respecto doutros anos.

Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponche os exames Selectividade ou Probas de Acceso á Universidade ?PAU ou ABAU- en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponche os exames Selectividade ou Probas de Acceso á Universidade ?PAU ou ABAU- en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta