A Xunta di que os confinamentos no servizo contra incendios foron "incidencias preventivas"

O PSdeG advirte de "certas carencias" de recursos e "falta de previsión" como no caso do Condado-Paradanta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, cualificou de "moi limitada" a "afección" do coronavirus entre persoal do servizo contra incendios forestais da Xunta, ao "non detectar focos" máis aló de "incidencias desde o exterior". "Os protocolos entendo que están a funcionar adecuadamente", resaltou o alto cargo da Consellería de Medio Rural, a preguntas da deputada do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta na comisión de agricultura.

A socialista advertiu do "risco" para o operativo por "certas carencias" en canto a recursos e "falta de previsión" como a que relaciona co ocorrido no distrito do Condado-Paradanta, onde, ao seu xuízo, de actuarse doutra maneira en canto ás zonas comúns, "o confinamento sería dunha brigada, e non de toda a base". En calquera caso, valorou que a situación foi "parcialmente corrixida".

Pola súa banda, o director xeral subliñou que "de momento todo o que houbo son incidencias preventivas por interaccións no ámbito privado dos traballadores do servizo". E referiuse ao caso concreto do Condado-Paradanta, cando o 21 de agosto "un bombeiro forestal --cuxo nome mencionou na comisión-- chamou ao distrito comunicando que tivo contacto estreito cun familiar" que deu positivo en covid-19.

"ASUNCIÓN DE CRITERIOS MÉDICOS"

"Nese momento xa non acudiu ao traballo e a través dos servizos sanitarios fixéronlle todo o seguimento, os tratamentos e as decisións", expuxo, para incidir en que, ademais do "adecuado cumprimento" dunha serie de protocolos, a actuación da consellería réxese "pola asunción dos criterios médicos".

Así a cousa, "ata agora, todas as incidencias que tivemos son situacións similares de sospeitas de afección a través de contactos na vida persoal", insistiu Fernández-Couto, antes de "agradecer a acción tan adecuada de todos os traballadores".

Fila de brigadistas que traballan para sufocar o incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Fila de brigadistas que traballan para sufocar o incendio forestal de Mondariz (Pontevedra). MARTA VÁZQUEZ/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta