Galicia reforza a súa conciencia ecolóxica cun gran acto de limpeza dos ríos

Case 50 concellos de todo o país albergarán, de xeito simultáneo, a xornada de limpeza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Fin de semana cargado de conciencia ecolóxica. Galicia prepárase para un dos grandes actos da axenda verde de cada ano: a limpeza simultánea de ríos de todo o país. A iniciativa, impulsada pola plataforma ADEGA, contará con participación activo en 49 concellos de toda Galicia, onde se sumarán un total de 58 entidades de natureza diversas e mesmo 12 concellos que co-organizan directamente a actividade.

Río Tea de Ponteareas
Río Tea de Ponteareas | Fonte: Wikipedia

Deste xeito, a iniciativa contará cun grande apoio popular na XIII das súas edicións. O proxecto, artellado baixo o lema "Móllate polos ríos", contará con participación en Concellos como A Estrada, Cabrallo, Melide, Ponteareas ou Rianxo, así como Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, entre outros. Configúrase así unha ampla rede de colaboración espallada nas catro provincias cun obxectivo compartido: velar pola limpeza dos ríos e reforzar a conciencia ecolóxica da socieadade.

O punto clave desta xornada é que a limpeza, prevista para o domingo 27 de setembro, realizarase de xeito simultáneo en todos os concellos adheridos á iniciativa. A xornada encádrase así no seo da Semana Global de Accións polo Clima. Segundo destacan dende ADEGA, o proxecto ten por finalidade "dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais" e  "amosar as súas problemáticas" para "fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos".

MEDIDAS ANTICOVID

As actuación de limpeza serán desenvoltos de acordo cun protocolo preestablecido para os casos destas actuacións. Segundo destacan dende a asociacións, os voluntarios que se sumen á iniciativa serán agasallados con máscaras protectoras que portarán o lema da limpeza. Neste aspecto, explican tamén que serán respectadas as indicacións pertinentes en relación á situación da pandemia.

"Dende o Proxecto Ríos recomendamos que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta