O BNG pide ao Goberno central que negocie con Rusia e Cuba a adquisición de vacinas e antivirais contra a Covid-19

Considera que "sería unha irresponsabilidade histórica converter isto nunha especie de nova 'guerra fría'".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 24/09/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O BNG non entende por que o Goberno español non diversifica as negociacións para a adquisición de vacinas e tratamentos contra o Covid-19 e pediulle que se poña en contacto coas autoridades rusas e cubanas para adquirir estes medicamentos.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.. EUROPA PRESS/E. Parra. POOL - Europa Press / Europa Press

"Hai que antepor a saúde aos criterios xeoestratégicos", defendeu o deputado nacionalista galego no Congreso, Néstor Rego, quen anunciou dúas iniciativas para tentar convencer ao Goberno de que "non poña todos os ovos na mesma cesta" nesta materia.

Ao seu xuízo, España non debe limitarse a negociar para adquirir a vacina que a farmacéutica AstraZeneca desenvolve en colaboración co Instituto Jenner da Universidade de Oxford que, ademais, lembrou, "tropezou con dificultades na súa fase experimental".

"Preocúpanos que non se primen os factores sanitarios, senón os económicos dos grandes laboratorios e os criterios xeoestratégicos. Sería unha irresponsabilidade histórica converter isto nunha especie de nova 'guerra fría' na que estea en xogo a hexemonía mundial nesta materia. Hai que cooperar no canto de competir para buscar unha solución global", defendeu Rego.

Neste contexto, rexistrou unha pregunta escrita e unha proposición non de lei para instar o Goberno ampliar o seu catálogo de antivirais incorporando por exemplo o Interferon Alfa 2b --un fármaco cubano que, segundo sinalou, resultou eficaz para atallar a epidemia en Wuhan (China)-- ou o Avifavir ruso que "é sensiblemente máis barato que outros" e "reduce o tempo de tratamento á metade".

Da mesma maneira, o BNG expón ao Goberno que abra contactos con Rusia para poder adquirir doses da súa vacina, como van facer máis de 20 países. Rego indicou que xa hai estudos que apuntan á eficacia e seguridade da mesma e tamén lembrou que en China se desenvolveron ata tres vacinas cuxa adquisición por España tampouco debería descartarse.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 nostrus

La mejor vacuna, de encontrarla, sería contra el nacionalismo que todo lo emponzoña.Vacunándose contra el nacionalismo nos vacunamos contra el odio, el recor, el egoismo, el desprecio y el supremacismo. A dia de hoy los únicos nacionalismos preocupantes son los periféricos, ya que el nacionalismo español se encuentra capado y con muy pocos adictos. Por otro lado, poner a Cuba como modelo de buena gestión es como ponerla como modelo de respeto por los derechos humanos. Cuba tiene un pequeño grupo de medicina de élite que se utiliza para altos gerarcas adictos al régimen y para oligarcas extranjeros que pagan una pasta gansa, pero el conjunto del pueblo esta a la intemperie. Solo los incautos hacen caso a la propaganda falsa.

1 Gan Dhul

Cuba. Baixísimo índice de contaxios. Os primeiros levados por turistas italianos. Índice de mortalidade moi baixo. Se chegan a ter a tecnoloxía que ten España ao seu alcance saen de órbita. En sanidade danlle unha lección aos que dicían que era a mellor sanidade do mundo (e non está nin entre as 50 mellores). Tamén o porto exterior de Ferrol ía ser coma Rotterdam (en la voz de Galicia podedes atopalo na hemeroteca). Iso serve para os que nunca saíron daquí ou se saen é ao hotel de calquera praia bananeira. Os que estivemos en Rotterdam sabemos como é, ou non?

1 Libre

Corea del Norte tiene todavía un índice más bajo. Normal, nadie entra o sale libremente de las repúblicas bananeras comunistas. Si te gustan vete para allá, y no vuelvas.

2 Casilda

Cando compares faino con datos: o turismo en Cuba é semellante ao da Galiza arredor dos 5 M de visitas por ano (só que aquele é internacional de verdade), a poboación da illa de 11 M fronte a 2,7 M (notable diferenza) e os mortos por Covid son 118 alá por máis de 700 aquí (non hai cor!). Igual prefires, polo acento, falar de Madrid... Polo demais, disfruta da monarquía bananeira de sangue azul, co patrón do clan fuxido e protexido nunha dictadura, coa caste dos partidos do réxime corruptos e disfrutando das portas xiratórias, co modelo herdado do franquismo no exército, polícia, xudicatura e empresarios, e cos medios de comunicación concertados e subsidiados polo sistema para tapar!

3 Copacabana follower

Casilda: Ti debes ser unha desas empresarias que se lucra co turismo a Cuba previo pago de mordida ao réxime. A metade deses turistas todos sabemos ao que vai e ti mellor que ninguén

4 Casilda

Outro que pretende xulgar omitindo que a explotación por sexo E CLASE é o modelo que impera: en Cuba xa se daba con Fulgencio Batista (e de que xeito!), olla as túas fronteiras (La Jonquera, por exemplo) e o pernicioso turístico español (Magaluf, entre tantos). Os consumidores sodes o problema: seguro que sabes do que falas e o que calas.

5 Ricardo R.

Non Casilda non. Os consumidores sodes unha parte do problema, pero a outra parte sodes as madames que vos forrais con prácticas degradantes. Con Batista, Cuba era o b. dos americanos. Cos irmáns Castro, Cuba é o b. dos europeos e mejicanos. Non cambiou nada