Primeiros autos do TSXG sobre medidas preventivas da COVID que avalan as de Verín e Ourense

O alto tribunal galego pode realizar este tipo de funcións logo de que entrase en vigor o pasado domingo a lei 3/2020 que lle dá competencias para autorizar ou ratificar medidas adoptadas por autoridades sanitarias.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/09/2020 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu os seus dous primeiros autos sobre as medidas de prevención adoptadas pola Xunta como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, que foron para avalar as restricións implantadas en Ourense e en Verín, decretadas pola Xunta o 18 de setembro.

Así, trátase das primeiras resolucións deste tipo ditadas pola Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior, despois de que o pasado domingo entrase en vigor a lei 3/2020, que lle atribúe competencias para a autorización ou ratificación xudicial das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias en ámbito distinto ao estatal, algo que anteriormente facían os xulgados ordinarios.

Respecto das restricións que afectan á cidade Ourense --especialmente as máis restritivas no barrio do Couto--, o Superior indica que a Xunta achega un informe do subdirector xeral de Información de Saúde Pública no que dá conta da incidencia que a pandemia ten na comarca, con gráficos sobre as probas realizadas, porcentaxes de positivos e casos acumulados, tanto globais como por grupos de idade, aínda que o auto non os explicita.

O informe propón que se adopten as medidas nas vías municipais sinaladas "en razón a que nesa zona residen grupos de persoas que teñen alta capacidade de transmisión debido á súa ocupación (no seu maior parte coidadores de maiores e traballadores da hostalaría).

A sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo subliña que, a pesar de que esa motivación non conta "co debido respaldo acreditativo", considéraa "suficiente" debido "aos altos intereses que a disposición persegue e o escaso sacrificio que produce a limitación grupal (que non confinamento)".

En canto ás medidas adoptadas en Verín, o TSXG destaca que son "idóneas para a prevención e protección da saúde da poboación", ademais de "necesarias, dada a constatación dunha situación de perigo actual e real para a saúde dos cidadáns, e proporcionadas ponderando os diferentes intereses en conflito". En particular, refírese a a cifra de contagios e á elevada idade dos habitantes.

Sede do TSXG. EUROPA PRESS
Sede do TSXG. EUROPA PRESS | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta