A CIG acusa á Xunta e a Avigal de ter coñecemento "hai tempo" da existencia de positivos

O sindicato critica que se culpe aos traballadores do acontecido logo de comentarios sobre que os contaxios se produciron "porque os afectados quitaron as máscaras na zona de descanso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A FGAMT-CIG de Pontevedra acusa a Xunta de neglixencia en relación co brote de Covid-19 rexistrado na factoría de Avícola de Galicia (Avigal) en Cambados. A central sindical asegura que "ten indicios de que tanto a empresa como a Administración coñecían hai tempo a existencia de positivos, a pesar do cal se continuou traballando".

Por parte da federación de Alimentación da CIG sosteñen que o contaxio en Avigal é consecuencia da "permisividade" e a "falta de control" coa que, asegura, a Xunta favorece a grandes empresas. Neste sentido, pregúntanse se o Goberno galego "pretende facer en certas empresas o mesmo que fixo nas residencias de maiores, nas que censurou información sobre os contaxios".

Segundo indicou a CIG, tanto a empresa como a Xunta coñecían hai máis de 15 días a existencia de positivos por Covid-19 en Avigal, a pesar do cal se mantivo a actividade produtiva. A central sindical pregúntase "por que os ocultaron e non se tomaron as medidas pertinentes?".

A CIG tamén critica que se pretenda agora "culpar os traballadores" do acontecido en relación a comentarios relativos a que os contaxios se produciron "porque os afectados quitaron as máscaras na zona de descanso".

Para a CIG resulta incomprensible que uns poucos casos iniciais derivasen nun brote desta dimensión. "Onde están os famosos rastrexadores da Xunta?", preguntan. Á vez que tamén cuestionan por que a empresa non fose intervida tendo en conta o nivel de contagios. A central sindical tamén solicita aclaracións acerca das medidas de seguridade e desinfección aplicadas na empresa.

XORNADAS ILEGAIS

A CIG asegura que Avigal "é unha empresa coñecida por incumprir a legalidade laboral", motivo polo que xa foi denunciada con anterioridade por esta central sindical ante a Inspección de Traballo.

En concreto, por obrigar a traballar ao persoal eventual seis días á semana "coa promesa de que no futuro terían días libres", concluíu.

Sede de Avigal
Sede de Avigal | Fonte: avigal.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta