Identifican en Pontevedra un cidadán portugués con máis de 50 delitos por estafa

Trátase dun individuo de 47 anos, con numerosos antecedentes policiais e que foi investigado noutras ocasións por feitos similares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Policía Nacional a Comisaría de Pontevedra identificou a un individuo pola súa implicación en máis de 50 delitos de estafa no marco da 'Operación Konto', que supoñen un prexuízo económico de máis de 50.000 euros.

Así o informou a Policía Nacional, que indicou que os expertos en fraudes e estafas cibernéticas da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-Ciberdelincuencia da Policía Nacional de Pontevedra iniciaron as investigacións no mes de agosto cando se denunciaron varias estafas tras a realización de compras de aparellos electrónicos a través dunha páxina web.

"Os afectados compraban e pagaban diferentes obxectos que nunca recibían e cuxo diñeiro tampouco lles era devolto, así ata polo menos 50 prexudicados cun prexuízo económico de 50.000 euros", subliñou a Policía.

Tras numerosas pescudas os axentes lograron identificar ao presunto autor dos feitos, a pesar da súa "gran mobilidade xeográfica", indicaron as mesmas fontes policiais, tanto en territorio nacional como en países veciños. Trátase dun individuo, natural de Portugal de 47 anos, con numerosos antecedentes policiais e que foi investigado noutras ocasións por feitos similares.

Os axentes lograron tamén localizar a conta en Francia a pesar das técnicas que dificultaban a súa localización, subliñaron as mesmas fontes policiais.

RECOMENDACIÓNS

A Policía aconsella "evitar facilitar a través de Internet" copias de documentos de identidade onde aparecen "datos reservados de carácter persoal" como facturas de compra ou documentos de garantía, xa que poden ser usados posteriormente para estafar a terceiros.

Igualmente, alerta aos compradores de boa fe neste tipo de portais, para que adopten medidas de seguridade.

Coche da Policía Nacional.. DELEGACIÓN
Coche da Policía Nacional.. DELEGACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta