Os mortos con COVID-19 en Galicia soben a 727

A última vítima é un home de 65 anos ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/09/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O falecemento dun home de 65 anos, que permanecía ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), elevou a 727 o total de vítimas mortais da pandemia do coronavirus en Galicia.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 trasladado ao Hospital de Lugo
Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 trasladado ao Hospital de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo informan fontes sanitarias, tratábase dun home de 65 anos que fora diagnosticado de COVID-19 pero que xa contaba con patoloxías previas.

Con este último deceso --o único comunicado este venres--, a cifra de falecidos vinculados á pandemia desde o seu inicio ascende a 727 e, desde o comezo da 'nova normalidade', son xa 106. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.

Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus. O mércores da pasada semana, superábase a barreira dos 700 falecidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta