A próxima semana Sanidade realizará un cribado masivo de 3.000 mostras en Ames

O Concello de Ames informou este sábado nun comunicado da realización destas probas, despois de que o pasado xoves se estendese ao núcleo urbano de Milladoiro as restricións para frear a extensión de casos de COVID.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade realizará a próxima semana un cribado masivo de 3.000 mostras entre a poboación do Concello de Ames, veciño ao de Santiago de Compostela, co obxectivo de frear a posible transmisión do coronavirus e tentar localizar posibles casos asintomáticos.

O Concello de Ames informou este sábado nun comunicado da realización destas probas, despois de que o pasado xoves se estendese ao núcleo urbano de Milladoiro as restricións para frear a extensión de casos de COVID.

Segundo o consistorio, as restricións en Milladoiro "non se deben a un elevado número de contaxios, senón pola existencia dun brote orixinado nun evento familiar cun difícil seguimento, ao tratarse de persoas asintomáticas ou con síntomas leves".

Punto COVID  - Arquivo
Punto COVID - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta