A Xunta destina máis de 200.000 euros para promicionar o turismo en parques naturais

A finalidade principal destas actuacións cofinanciadas nun 80 por cento por fondos europeos, tal e como destaca a Xunta a través dun comunicado, é contratar "un servizo de atención ao público e sensibilización".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2020 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar contratos, que suman un valor de 232.000 euros, para deseñar e executar campañas de promoción do turismo de natureza sustentable e educación ambiental nos parques naturais Fragas do Eume, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra.

A finalidade principal destas actuacións cofinanciadas nun 80 por cento por fondos europeos, tal e como destaca a Xunta a través dun comunicado, é contratar "un servizo de atención ao público e sensibilización, así como de campañas de promoción turística e educativas" que contribúan á "concienciación ambiental da sociedade e a un mellor coñecemento" da Rede de Parques Naturais de Galicia.

En concreto, o montante máis significativo, case 160.000 euros dun contrato a Conforma Forestal S.L., é o destinado para as Fragas do Eume, situadas entre os municipios coruñeses de Caaveiro, Monfero e A Capela. Entre as actividades contempladas sitúanse campañas, actividades e talleres de educación, divulgación ambiental e conservación que se impartirán no tres centros de visitantes deste parque.

Ademais, a Xunta concedeu o contrato correspondente ao Parque da Serra da Ensiña da Lastra a Comunicación Ambiental e Cultural S.L., por case 38.000 euros. Esta empresa desenvolverá diferentes accións no centro de visitantes do municipio de Rubiá.

Finalmente, a Consellería de Medio Ambiente destinou máis de 34.000 euros á licitación deste servizo en O Invernadeiro. A empresa Oficina Técnica Demontes S.L.U. será a encargada de desenvolver campañas e actividades de educación e divulgación ambiental que se impartirán fundamentalmente no centro de visitantes de Ribeira Pequena, no concello ourensán de Vilariño de Conso.

Monte Pindo visto desde Fisterra
Monte Pindo visto desde Fisterra | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta