Reprograman o xuízo para sete acusados de tráfico de drogas para os que piden máis de 60 anos

Durante o rexistro da súa vivenda, un acusado colleu cunha escopeta que tiña no domicilio apuntando á comisión xudicial que supervisaba esta dilixencia, á vez que profería ameazas graves contra eles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá a partir do venres que vén, día 2 de outubro, un xuízo no que a Fiscalía pide penas que suman máis de 60 anos de prisión para sete acusados de tráfico de drogas.

Este xuízo xa fora programado inicialmente para xaneiro deste ano, pero suspendeuse porque dous acusados renunciaron aos seus avogados, e volveuse a reprogramar para febreiro, pero volveu a non celebrarse a vista. Será pois, o terceiro intento de xulgar a causa.

Segundo o escrito de acusación pública, J.T.D. (con antecedentes por tráfico de drogas) e a súa estreita colaboradora S.M.C., xunto con H.T.G. e a súa parella L.D.P., dedicábanse á provisión e distribución de sustancias estupefacientes.

A Fiscalía sostén que integraban, xunto con M.A.C., que os fornecía a droga, un grupo criminal no que cada un tiña un labor e mesmo un horario definido para levar a cabo as súas actividades ilícitas. Este quinto acusado, á súa vez, tamén se dedicaba supostamente á distribución de drogas, contando para iso coa cooperación de M.M.V.

Nos rexistros dos domicilios de J.T.D. e S.M.C., os investigadores localizaron ordenadores, teléfonos móbiles, básculas, recortes de plástico con restos de droga, máis de 27.000 euros en efectivo, dous armas de fogo e munición.

Ademais, tamén foron localizados diversos recortes con cocaína e heroína que estes acusados arroxaran ao exterior dunha das súas vivendas, para evitar que fosen intervidos no rexistro.

No rexistro da vivenda de H.T.G. e S.M.C., localizouse unha báscula e varios teléfonos móbiles, entre outros efectos.

Por outra banda, tamén foron rexistradas dúas vivendas vinculadas a M.A.C., nas que se atoparon máis de 30.000 euros en efectivo, case 2 quilos de cocaína e 340 gramos de heroína, teléfonos móbiles, sustancias de corte, catro armas de fogo e munición. Mentres, no rexistro do coche e do domicilio de M.M.V. atopáronse 1.815 euros e uns 60 gramos de cocaína.

Finalmente, neste procedemento a Fiscalía tamén acusa a J.M.F.M., tamén reincidente e supostamente subministrador da droga para M.A.C. No rexistro do seu domicilio atopáronse case 22.000 euros, máis de 4 quilos de cocaína, computadores, teléfonos, dous armas de fogo e munición.

TSXG
TSXG

AMEAZAR CUN ARMA

Durante o rexistro da súa vivenda, este acusado colleu cunha escopeta que tiña no domicilio apuntando á comisión xudicial que supervisaba esta dilixencia, á vez que profería ameazas graves contra eles.

Con todo, os axentes que participaban no rexistro lograron suxeitar a escopeta e desarmar a J.M.F.M., que opuxo unha forte resistencia.

DELITOS E PETICIÓN DE PENAS

O ministerio público atribúe a J.T.D. e a S.M.C. os delitos de tráfico de drogas, integración en grupo criminal e tenencia ilícita de armas. Para o primeiro pide penas que suman 10 anos de cárcere e o pago de 3.000 euros de multa, mentres que para a segunda solicita 9 anos de cárcere e a mesma multa.

Aos acusados H.T.G. e L.D.P., a Fiscalía impútalles os delitos de tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal e pide 5,5 e 4,5 anos de cárcere respectivamente, ademais da multa de 3.000 euros.

Para M.A.C. reclama unha condena de 12 anos de prisión polos delitos de tráfico de droga, integración en grupo criminal e tenencia ilícita de armas, e o pago de 300.000 euros de multa. Mentres que para M.M.V. pide 5 anos de prisión e 9.000 euros de multa.

Por último, esixe a maior pena para J.M.F.M., ao que atribúe os delitos de tráfico de drogas, tenencia ilícita de armas e atentado contra axentes da autoridade. Para el pide penas que suman 15 anos de cárcere e o pago de multas por máis dun millón de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta