Detectados 230 novos casos por COVID-19 en Galicia durante as últimas 24 horas con ascensos en Ourense e Santiago

A pesar de notificarse 230 novos positivos nas últimas 24 horas, un total de 245 persoas recibiron o alta, polo que deixaron de computar como casos activo de coronavirus. Con estas, son xa 18.316 as persoas que pasaron o virus en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2020 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

Galicia detectou 230 novos casos de covid-19 nas últimas 24 horas, o que supón 37 menos que os descubertos na xornada anterior. A cifra de vítimas mortais mantense en 729 desde a noite do sábado, cando se comunicou o deceso de dúas mulleres da residencia de maiores de Outeiro de Rei (Lugo) falecidas no Hospital Lucus Augusti (HULA).

Segundo a actualización deste domingo da Consellería de Sanidade, con datos de última hora do sábado, a Comunidade galega conta con 4.432 casos activos de covid-19 --persoas que aínda teñen a enfermidade--, 17 menos que hai un día.

E é que, a pesar de notificarse 230 novos positivos nas últimas 24 horas, un total de 245 persoas recibiron o alta, polo que deixaron de computar como casos activo de coronavirus. Con estas, son xa 18.316 as persoas que pasaron o virus en Galicia.

Por áreas sanitarias, tres delas rexistran este domingo unha subida nos casos activos, tres presentan descensos e Vigo continúa coa mesma cifra de infectados, 512.

O incremento de casos activos máis pronunciado nas últimas 24 horas produciuse na área sanitaria de Ourense, onde se detectaron 39 pacientes con coronavirus ata un total de 728. Tamén soben en Santiago ata os 577 ao descubrirse 22 novos casos.

En Pontevedra son 16 máis as persoas que padecen a covid-19 respecto ao último balance, o que deixa a cifra de total de casos nesta área en 826.

Por contra, continúan baixando os casos activos na área da Coruña e Cee que, no entanto, continúa como a que máis pacientes covid ten de toda Galicia --1.046, 31 menos--. Pola súa banda, en Ferrol hai 10 pacientes menos con coronavirus (154) e en Lugo o número descende en 53 ata os 589 casos activos totais.

O número de PCR realizadas en Galicia elévase a 465.341 fronte ás 459.234 rexistradas ata o sábado, o que significa que en 24 horas realizáronse 6.107 probas.

Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Punto COVID habilitado no Ventorillo, na Coruña, para realizar as probas PCR. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

RESIDENCIAS

Os usuarios de residencias de maiores infectados con COVID-19 en Galicia baixaron a 318 as últimas 24 horas, despois do falecemento de dúas mulleres en Hospital Lucus Augusti (HULA) que pertencían á residencia de Outeiro de Rei.

Segundo os datos actualizados este domingo pola Consellería de Política Social, na última xornada non se incorporaron novos casos á lista de usuarios de centros de maiores afectados por coronavirus. Si hai novidades no cómputo de traballadores, que se eleva a 119 após detectarse dous novos casos e retirarse un por tratarse dun "falso positivo", segundo Política Social.

Deste xeito, as residencias de maiores acumulan 318 casos de COVID entre os seus usuarios. Deles, 129 están na DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, que se atopa intervida pola Xunta e que acumula 18 persoas falecidas após as dúas comunicadas o sábado.

Tamén contan con importantes grupos de maiores con COVID a residencia do Incio, con 57 usuarios contaxiados; a de Nosa Señora do Viso, en Lobeira, con 46; a Ballesol de Oleiros, con 33; e El Pinar de Culleredo, con 21.

Así mesmo, hai 14 anciáns con coronavirus no centro As Salinas de Ourense, 13 en Santa Marta de Vigo, dúas en DomusVi Lalín  e casos individuais no Pilar de Bergondo, en Torrente Ballester da Coruña e na residencia de Arteixo.

En canto aos traballadores dos xeriátricos galegos, os contaxios subiron a 119 despois de detectarse dous novos positivos e descontarse un da lista ao descubrirse que era un falso positivo.

Os novos casos de covid entre empregados foi detectados na residencia Quercus de Leiro e no centro de maiores Santa Marta de Vigo. Pola súa banda, o caso que cae da lista é dun traballador do xeriátrico de Moledo, en Vigo.

Así as cousas, o cadro con máis contaxios continúan sendo a da residencia do Incio, con 35 empregados con PCR positiva, e a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, con 24. Seguen a este a de Nosa Señora do Viso (14), El Pinal de Culleredo (7), As Salinas de Ourense (4) e Santa Marta de Vigo (3).

A estes súmanse dous casos na residencia Ballesol de Oleiros, outros tantos no centro de Volta do Castro, en Santiago, igual que na residencia da Fundación José Otero, tamén na capital galega, na Nosa Señora do Socorro de Arnoia, no CRAPD Vigo I, e na Orpea Lugo.

E rexistran un traballador afectado as seguintes residencias: Quercus de Leiro; Oleiros, Adcor na Coruña; DomusVi Noia; Porta do Camiño de Santiago; Fogar do Cereixal de Becerreá; A Milagrosa de Lugo; San Bartolomeu de Xove; A nosa Señora da Saúde da Peroxa; DomusVi Barra de Miño de Coles; Santiago Apóstolo de Vilamarín; Fogar Residencial Vilar de Barrio; Residencia Campolongo; DoralResidencias de Mos; Bellavista Care de Nigrán; CRAPD Vigo II; residencia xeriátrica Albi-Beade.

Pola súa banda, tampouco hai novidades nos centros de atención a persoas con discapacidade, que seguen rexistrando un total de 24 usuarios contaxiados, igual que este sábado. Deles, a residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, acumula 23, e o centro Pai Menni de Betanzos continúa cun caso.

Así mesmo, neste tipo de instalacións hai 20 traballadores infectados de COVID. Deles, 14 --un máis que este venres-- correspóndense coa Ricardo Baró de Oleiros. A maiores, hai un en cada un dos seguintes centros: CAPD A Coruña, Juan Vidán Torres de Santiago, Residencia de atención a persona con dano cerebral de Castro de Rei; Residencia de atención a persoas gravemente afectadas de parálises e dano cerebral da Cruz Vermella en Castro de Rei, na Residenca Chapela de Redondela e o último detectado na Padre Menni de Betanzos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta