Xornada negra: Sanidade notifica sete mortos máis que elevan a 736 as vítimas da COVID-19 en Galicia

O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 115.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Cinco novos falecementos producidos nas últimas horas, un deles o dunha usuaria da residencia Ballesol de Oleiros (A Coruña), elevou a 736 as vítimas mortais da pandemia da COVID-19 en Galicia. Das cinco mortes notificadas na tarde deste luns por fontes sanitarias, catro delas producíronse en hospitais da cidade herculina.

Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo
Un paciente con Covid-19 é trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) faleceron un home de 85 anos, outro de 67 e unha muller de 92 que proviña da residencia Ballesol de Culleredo. Ademais, perdeu a vida un home de 78 que permanecía ingresado con coronavirus no hospital privado HM Modelo.

A quinta vítima é un home de 78 anos que estaba hospitalizado por COVID-19 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

Así, as mortes comunicadas pola Consellería de Sanidade ao longo deste luns ascenden a sete, xa que pola mañá informara de que perderon a vida un home de 61 anos no Hospital Lucus Augusti (HULA), da residencia DomusVi de Outeiro de Rei (Lugo); e unha muller de 103 anos que morreu dentro da residencia As Salinas, en Ourense.

115 VÍTIMAS EN 'NOVA NORMALIDADE'

Deste xeito, este luns Galicia volveu aumentar a lista das vítimas que deixa a pandemia a pesar de que Sanidade non comunicara ningún deceso este domingo, o que levaba un mes sen ocorrer --desde o 27 de agosto--.

Cos novos mortos coñecidos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 115.

A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Covid é a gripe.

736 victimas, a meirande parte anciáns de máis de 80 anos que xa estaban enfermos. A xente non ten sentido crítico e vai sacrificar a súa Libertade por nada?