Os contaxiados con Covid-19 en residencias seguen aumentando, até 321

Detectáronse dous novos positivos e un falecemento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/09/2020 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

Os usuarios de residencias con Covid-19 aumentaron a 321 este martes tras detectarse dous novos positivos e un falecemento --na Ballesol de Oleiros-- con respecto aos rexistros facilitados o luns, segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Política Social.

Residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei
Residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo os últimos datos actualizados, detectáronse dous novos positivos nun usuario da residencia de maiores DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, que suma 132 casos --un máis-- e outro na residencia de maiores Nosa Señora dos Milagres de Barbadás --o primeiro deste centro--. A eles engádese un traballador da residencia de maiores DomusVi Coruña de Oleiros.

Pola súa banda, deron negativo un traballador da residencia de maiores Orpea Lugo; outro da residencia de atención á discapacidade Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros e outro da residencia de atención á discapacidade Chapela en Redondela.

Ademais, Política Social explica que se retiran dous casos porque, tras repetírselles a PCR a proba deu negativo, en relación a un traballador da residencia de maiores Bellavista Care de Nigrán e outro da residencia de maiores de Moledo en Vigo.

Deste xeito, os usuarios con positivo en Galicia distribúense en 132 na Residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei; 46 en Nosa Señora do Viso en Lobeira; 32 na Residencia Ballesol de Oleiros; 21 no Fogar residencial O Piñeiral de Culleredo; 14 na Residencia As Salinas de Ourense; 13 na Residencia Santa Marta de Vigo; e outros dous na Residencia DomusVi de Lalín.

A eles engádense un usuario contaxiado en cada un destes centros: Residencia Torrente Ballester da Coruña; Residencia Arteixo; Residencia O Pilar e Residencia Nosa Señora dos Milagres de Barbadás.

TRABALLADORES

En canto aos traballadores afectados en residencias baixaron a 117, dous menos que este luns, ao dar negativo un da Orpea Lugo e ter PCR negativa un da Bellavista Care de Nigrán e outro de Moledo en Vigo, mentres que un da DomusVi Coruña de Oleiros deu positivo.

Deste xeito, o persoal con máis contaxios é a da residencia do Incio, con 35 empregados con PCR positiva, e a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, con 24. Seguen a este a de Nosa Señora do Viso (14), O Piñeiral de Culleredo (7), As Salinas de Ourense (4) e Santa Marta de Vigo (3).

A estes súmanse dous casos na residencia Ballesol de Oleiros, outros tantos no centro de Volta do Castro, en Santiago, igual que na residencia da Fundación José Otero, tamén na capital galega, na Nosa Señora do Socorro de Arnoia e no CRAPD Vigo I.

E rexistran un traballador afectado as seguintes residencias: Orpea Lugo; Quercus de Leiro (Ourense); Adcor na Coruña; Residencia de Oleiros; DomusVi Noia; Porta do Camiño de Santiago; Fogar do Cereixal de Becerreá; San Simón de Teo; A Milagrosa de Lugo; San Bartolomeu de Xove; A nosa Señora da Saúde da Peroxa; DomusVi Barra de Miño de Coles; Santiago Apóstolo de Vilamarín; Fogar Residencial Vilar de Barrio; Residencia Campolongo; DoralResidencias de Mos; CRAPD Vigo II e residencia xeriátrica Albi-Beade.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos vos centros de atención a persoas con discapacidade baixan a 20 os usuarios contaxiados e a 19 os traballadores, tras dar negativo un empregado da residencia de atención á discapacidade Chapela de Redondela.

Do total, a residencia Ricardo Baró de Aspronaga, en Oleiros, acumula 19, e o centro Pai Menni de Betanzos (A Coruña) segue cun caso.

Neste tipo de instalacións hai 19 traballadores infectados de COVID. Do total, 13 corresponden á residencia Ricardo Baró de Oleiros e dous á Residencia de Adultos Pai Menni de Betanzos. Pola súa banda, hai un caso en cada un dos centros: CAPD A Coruña; Juan Vidán Torres de Santiago; Residencia de atención a persoa con dano cerebral de Fudace de Castro de Rei; e Residencia de atención a persoas gravemente afectadas de parálises e dano cerebral da Cruz Vermella en Castro de Rei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta