Por Europa Press / Redacción | Lugo | 29/09/2020 | Actualizada ás 17:43
O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo recibiu o 'Premio Nacional de Medicina Siglo XXI, de 'El Suplemento', á mellor atención hospitalaria, galardón que ve un "estímulo" para seguir o traballo a favor da sanidade pública.
Así o sinalou o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, quen foi o encargado de recoller este premio no transcurso dunha gala en Madrid e que dedicou a "todos os profesionais que traballan en primeira liña nesta pandemia", informou a área sanitaria.
Ares Rico subliñou que esta distinción supón "un estímulo para seguir traballando a favor da sanidade pública e da mellora da saúde das persoas, sobre todo nun momento tan crucial" como o actual pola pandemia da Covid-19.
Durante a entrega, o doutor Ares Rico destacou que o HULA, inaugurado en 2011, atende a unha poboación de máis de 200.000 habitantes no seu distrito sanitario e é referencia para os 330.000 habitantes da provincia, que conforman a área sanitaria.
Ademais, resaltou que con máis de 800 camas, dispón dunha carteira de servizos "completa", cunha "importante e actualizada dotación humana de máis de 3.200 profesionais (18% deles facultativos) e unha moderna e ampla dotación técnica", puntualizou a área sanitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.