Por TonioNogueira | GC ABERTO | 15/04/2013
Naceu o 14 de abril do 1931 e rematou un escuro 17 de xullo de 1936, tras un regueiro de sangue e de inxustiza histórica rara vez visto no noso mundo. Labregos, marinheiros, obreiros, estudantes, mestres, intelectuais etc, a gran maioría social de todo o estado espanhol, ergueu en democracia un sistema político e territorial dos mais avanzados da época.
Erguérona xentes de moitos cores e identidades, porque nese punto República Espanhola significaba, liberdade, igualdade, dereitos, xustiza, educación e soberanía popular; tanto na urbe coma no rural, tanto en Andalucía, como Madrid, Euskadi ou Galiza. Era a primeira vez que Espanha, non significaba guerra, opresión, ditadura e imperio.
Dentro de ese sistema traballaban sen trabas varios partidos rexionalistas e nacionalistas. Dese traballo político nacionalista apoiado masivamente polas urnas, xorden e apróbanse os primeiros Estatutos de Autonomía en Catalunya, Euskadi e Galiza.
Hox sabemos que a II República non foi un sistema democrático perfecto, que arrastrou moitas pesas : o bienio negro, as loitas intestinas e entre os diferentes colectivos de impacto social ou a peste do caciquismo, aínda non curada na actualidade.
Pero non se trata, nunca se tratou de idealizala, senón de sinxelamente reclamala a pesar dos seus defectos e sen ativo de dubida algunha, como a época histórica onde mais rápido se conquistaron, consolidaron e aplicaron os Dereitos Humanos, tanto na Galiza como no resto do estado espanhol, tanto os dereitos individuais como os colectivos: Repartición da terra, da riqueza e do traballo, espallamento como nunca antes da alfabetización, da formación e do acceso e desfrute da cultura.
Foi por todo isto que a gran maioría dos lideres do Partido Galeguista, con Castelao, Bóveda, Álvarez Gallego, Suárez Picallo e Villar Ponte a cabeza, conscientes do momento histórico e dos sentires das grandes maiorías, non dubidaron nin un intre en deixar a un lado diferenzas e incorporarse a unionista Fronte Popular, para frear ao fascismo que asomaba xa co seu alento fétido debido a impotencia de non poder controlar o xogo político.
Os tempos son chegados, e as sociedades asemellan seguir ciclos dentro da historia. O fascismo do s.XXI vístese de democracia participativa, e polo momento antes que balas e tanques, prefiren facer macro-estafas financeiras, burbullas económicas e troikas insoportables, pra someter ao pobo.
Polo momento non queren botar man de dictablandas, estados de excepción ou terrorismo de estado; para localizar, apresar, torturar e asasinar masivamente aos opositores políticos, como xa pasou no pasado en practicamente tódolos países do planeta. Polo momento elles abondo, imponher a súa hexemonía a base de decreto express, a base de leis electorais fraudulentas, manipulación do pensamento, instrumentalización do poder xudicial, creación de redes clientelistas e criminalización da protesta social.
O inimigo mirase mais claro que nunca, a súa careta desfaixe aceleradamente. A Narcodemocracia Corrupta segue instalada no goberno, e o caciquismo do Ex-ministro de Franco, segue tendo un poder de abdución infernal nas comarcas do interior do noso pais.
Así pois, hox temos nos o relevo, e cando digo nos, non me refiro a familia política nacionalista, nin sequera a familia da esquerda política, refírome a cidadanía rebelde activa en tódalas súas frontes e formas. Dende os colectivos a prol da cultura, ata os sindicatos, pasando polos colectivos ecoloxistas, as cooperativas, a PAH, o 15M e o Altermundismo. E ata que se unan no sentimento dunha mesma loita os obreiros, os estudantes, os pensionistas, os autónomos e os pequenos empresarios, non haberá vitoria posible na sociedade actual.
Nese momento que xa esta chegando, a responsabilidade será para tódolos partidos de Esquerda Real de Galiza e de todo o conxunto do estado espanhol. A responsabilidade de superar a división histórica da esquerda, especialmente a barreira actual de desentendemento, entre as esquerdas nacionalistas e as esquerdas federalistas. E deste xeito erguer unha alternativa política, co poder, envergadura e pluralidade suficientes, pra defender e ser referente político desa gran maioría social tan diversa, tan dividida e tan agredida.
Como nacionalista galego confederalista e lembrando con amor e orguio a II República Espanhola, eu hox berro “ Viva a III República Ibérica Confederada”.
Pois na unión estará a vitoria e no equilibrio estará esa unión.
Tonio Nogueira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.