GC Aberto

Son nacionalista galego. E hoxe eu berro, Viva a II República!

Farto de que cada 14 de abril, certos sectores e persoas da esquerda nacionalista ou independentista galega, familia da que eu mesmo formo parte, desprecen ou incluso insulten e normalmente sen argumentos, o referente da II República por ter de apelido espanhola. Para min e un exemplo mais, da falta de reflexividade que a veces sofren algúns dos nos@s compaheir@s.

Por TonioNogueira | GC ABERTO | 15/04/2013

Comparte esta noticia

Naceu o 14 de abril do 1931 e rematou un escuro 17 de xullo de 1936, tras un regueiro de sangue e de inxustiza histórica rara vez visto no noso mundo. Labregos, marinheiros, obreiros, estudantes, mestres, intelectuais etc, a gran maioría social de todo o estado espanhol, ergueu en democracia un sistema político e territorial dos mais avanzados da época.

Erguérona xentes de moitos cores e identidades, porque nese punto República Espanhola significaba, liberdade, igualdade, dereitos, xustiza, educación e soberanía popular;  tanto na urbe coma no rural, tanto en Andalucía, como Madrid, Euskadi ou Galiza. Era a primeira vez que Espanha, non significaba guerra, opresión, ditadura e imperio.

Dentro de ese sistema traballaban sen trabas varios partidos rexionalistas e nacionalistas. Dese traballo político nacionalista apoiado masivamente polas urnas, xorden e apróbanse os primeiros Estatutos de Autonomía en Catalunya, Euskadi e Galiza.

Hox sabemos que a II República non foi un sistema democrático perfecto, que arrastrou moitas pesas : o bienio negro, as loitas intestinas e entre os diferentes colectivos de impacto social ou a peste do caciquismo, aínda non curada na actualidade.

Pero non se trata, nunca se tratou de idealizala, senón de sinxelamente reclamala a pesar dos seus defectos e sen ativo de dubida algunha, como a época histórica onde mais rápido se conquistaron, consolidaron e aplicaron os Dereitos Humanos, tanto na Galiza como no resto do estado espanhol, tanto os dereitos individuais como os colectivos: Repartición da terra, da riqueza e do traballo, espallamento como nunca antes da alfabetización, da formación e do acceso e desfrute da cultura. Respecto e potenciación da diversidade lingüística e cultural, aplicación directa e sen parangón da soberanía popular, reconhezemento do dereito a autodeterminación e impulso a constitución do estado federal.

Foi por todo isto que a gran maioría dos lideres do Partido Galeguista, con Castelao, Bóveda, Álvarez Gallego, Suárez Picallo e Villar Ponte a cabeza, conscientes do momento histórico e dos sentires das grandes maiorías, non dubidaron nin un intre en deixar a un lado diferenzas e incorporarse a unionista Fronte Popular, para frear ao fascismo que asomaba xa co seu alento fétido debido a impotencia de non poder controlar o xogo político. Isto foi no ano 36, a época ideoloxicamente mais polarizada da nosa historia, e en pleno s.XXI algúns aínda non son capaces de deixar a un lado diferenzas para unirse por unha vitoria maior necesaria.

Os tempos son chegados, e as sociedades asemellan seguir ciclos dentro da historia. O fascismo do s.XXI vístese de democracia participativa, e polo momento antes que balas e tanques, prefiren facer macro-estafas financeiras, burbullas económicas e troikas insoportables, pra someter ao pobo.

Polo momento non queren botar man de dictablandas, estados de excepción ou terrorismo de estado; para localizar, apresar, torturar e asasinar masivamente aos opositores políticos, como xa pasou no pasado en practicamente tódolos países do planeta. Polo momento elles abondo, imponher a súa hexemonía a base de decreto express, a base  de leis electorais fraudulentas, manipulación do pensamento, instrumentalización do poder xudicial, creación de redes clientelistas e criminalización da protesta social.

O inimigo mirase mais claro que nunca, a súa careta desfaixe aceleradamente. A Narcodemocracia Corrupta segue instalada no goberno, e o caciquismo do Ex-ministro de Franco, segue tendo un poder de abdución infernal nas comarcas do interior do noso pais.

Así pois, hox temos nos o relevo, e cando digo nos, non me refiro a familia política nacionalista, nin sequera a familia da esquerda política, refírome a cidadanía rebelde activa en tódalas súas frontes e formas. Dende os colectivos a prol da cultura, ata os sindicatos, pasando polos colectivos ecoloxistas, as cooperativas, a PAH, o 15M e o Altermundismo. E ata que se unan no sentimento dunha mesma loita os obreiros, os estudantes, os pensionistas, os autónomos e os pequenos empresarios, non haberá vitoria posible na sociedade actual.

Nese momento que xa esta chegando, a responsabilidade será para tódolos partidos de Esquerda Real de Galiza e de todo o conxunto do estado espanhol. A responsabilidade de superar a división histórica da esquerda, especialmente a barreira actual de desentendemento, entre as esquerdas nacionalistas e as esquerdas federalistas. E deste xeito erguer unha alternativa política, co poder, envergadura e pluralidade suficientes, pra defender e ser referente político desa gran maioría social tan diversa, tan dividida e tan agredida. 

Como nacionalista galego confederalista e lembrando con amor e orguio a II República Espanhola, eu hox berro  “ Viva a III República Ibérica Confederada”.

Pois na unión estará a vitoria e no equilibrio estará esa unión.

 

Tonio Nogueira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 Son bipolar

O novo coello da chisteira do reformismo pseudo esquerdista burgués españolista, coma cando a falsa transición -facer unha nova transición gatoparda é o verdadeiro motivo- sacaron o mito da República. O escrito rezuma ideoloxia pequeno burguesa por doquer (altermundismo, globalismo, humanismo, socialdemocracia etc.), e anti marxismo visceral (unecos movementos os marxistas, xunto con anarquistas e de soberanistas nacionais interesantes na República). Porque rexeita o convencemento de que a historia é unha realidade en continua transformación, mais da unha labazada a dialectica cientifica, extrapolando unha realidade fora do seu contexto, obviando a que a confrontación dunha tesis coa sua antitesis da lugar a unha sintesistesis, e esta a sua vez a unha nova tesis e antitesis.

1 TonioNogueira

Son Bipolar. Se leeras ben o artigo mirarias que tamen estaban os comunistas e oas anarquistas. Non sei lle con mais calma ou vai mirar as diotrias meu. Despois, mira como Castelao e o resto do Partido Galeguista, tragaron saiva e orguio, e escoitando o sentir da gran maioria social e da urxencia do momento, e unironse a Fronte Popular. Pero nada ignorame, son un pequenos burgues, coma ti dis

3 Comunista

O pacto de San Sebastian negou o dereito a autodeterminación as nazóns sen estado, nin siquer a reformista República burguesa tiña un caracter federal. Por non falar da repúblicana lei de vagos e maleantes e os seus campos de concentración, atribuida erroneamente ao réxime franquista. Ou o travestismo de políticos monarquicos reconvertidos en repúblicanos coma Niceto Alcala Zamora ou Miguel Maura. Ou a inexistente reforma agraria ou a dura represión da lei da defensa da República que pechaba xornais e reprimia folgas etc. etc. etc. Quedate cou tua República burguesa española.

1 TonioNogueira

Boas Comunista. Ves a tua reaccion, e xusto a que me referia cando reflexionei e escribin este artigo. Reflecte perfectamente como as veces un odia visceral, pode facer que enredemos a realidade e os datos histroicos, distorsionando o noso entendemento. Sabes de sobra que os campos de concentracion, a Lei en Defensa da Republica, repremindo folgas, e pechando xornais e incluso matando, foi durante o bienio negro, ond e adereita fascista intentanba facerse co contro do xogo politico, pra recortar a porpia democracia dende dentro e como a esquerda esta dividida, non os podis vencer neses anos. Buf os ciclos da historia, como son eh, hox pasa algo semellante

2 TonioNogueira

2. O Pacto de San Sebastian, fi pra organizar a alzamneto popular de proclamacion da II Republica, non para o que ti dis. E si, a II Republica impulsou un estado federal, senon preguntallo aos partidos nacionalistas, aos estautos de autonomia apoiados masiva,ente nas urnas. Preguntallo, a Castelao, a Boveda e a Suarez Picallo. Habia corrupcion na II Republica? Si moita, e a segue habendo moitas hox en dia. Que tinhan unha lei de Vagancia, home macho eras os anos 30. Boas noites

2 antiburrice

Ti es un nacionalista español de libro. A república española foi unha dictadura burguesa, españolista e liberal. Así acabou como acabou.

1 TonioNogueira

Imos a ver Antiburrice. Eu son naconalista galego, asegurocho. Creo que Galiza e unha nacion, e que no uso pleno da sua soberania, deberia celebrar un Referendum de autodetermiacion, no marco dunha democracia mais participativa e sen manipulacion mediatica, onde todolos galeg@s decidan que queren ser. Ben acalarado este punto, poderias darme argumentos para afirmar que a II Republica foi unha dictadura espanholista.

1 afonso

Decir que alguén (entendemos que se refire ós nacionalistas non alineados na entente anova-IU que hoxe por hoxe vemos máis necesaria que nunca a República Galega) insulta e desprezan a II República polo mero feito de "levar o apelido de espanhola" é unha tontería tan grande coma o feito de pensar que a formación dunha fronte política contra o sistema imperante ten que conformarse necesariamente sobre unha entente Repúblicana-Confederal que deixe de lado as reivindicacións nacionais do noso País. Non serán acaso desculpas de mal pagador pola evidente contradición de autodenominarse nacionalista e non acreditar nun modelo de País que xire en torno á PLENA SOBERANÍA NACIONAL DO POBO GALEGO?. Por se acaso queda algunha dúbida, VIVA A IMPORTANCIA HISTÓRICA DO REFERENTE QUE SUPUXO A II REPÚBLICA ESPAÑOLA NA CONFORMACIÓN DA NOSA REALIDADE NACIONAL...... Máis, A III República... de Pedrafita para abaixo. EN GALIZA, REPÚBLICA GALEGA!!!

1 TonioNogueira

Boas. Pois si Afonso por desgracia hai xente que opina que a II Republica foi algo negativo ou incluso lle chaman dictadura burguesa, so tes que leer o comentario de AntiBurrice, mais arriba. Eu escribin o artigo non para debater sobre o modelo nacionalista e territorial que cada un pode defender, senón pra debater a figura da II República e como certos sectores fundamentalistas do nacionalismo galego, atacanna dun xeito bastante impulsivo, vamos sen pensalo demasiado ou dar argumentos. Pero esta discusión contigo queda zanxada con esta frase túa " VIVA A IMPORTANCIA HISTÓRICA DO REFERENTE QUE SUPUXO A II REPÚBLICA ESPAÑOLA NA CONFORMACIÓN DA NOSA REALIDADE NACIONAL......". Ese punto e o que quero debater, REINVINDICAR A FIGURA DA II REPUBLICA, non e nin antigaleguista, nin antinacionalista, nin quere dicir que a xente que a reinvindiquemos, queramos agora 80 anos despois obrigatoriamente unha III República Espanhola.

2 TonioNogueira

Despois o debate no que ti fixeche mais fincape, o tema de independentismo - confederalismo - federalismo. Imos haber eu son nacionalista galego e polo meu entendemento penso que a millor organizacion territorial para o pobo galego na epoca actual e o CONFEDERALISMO, xunto co resto dos pobos do estado espanhol e xunto con Portugal tamen se o pobo portugues asi o quixera. Eu non son independentista, penso diferente a ti, pero iso xamais vai implicar que menospreze ou lle chame tonteria a idea do independentismo galego, senon que respeto esa idea e tenho amigos que o son, e sei q

3 TonioNogueira

Despois o debate no que ti fixeche mais fincape, o tema de independentismo - confederalismo - federalismo. Imos haber eu son nacionalista galego e polo meu entendemento penso que a millor organizacion territorial para o pobo galego na epoca actual e o CONFEDERALISMO, xunto co resto dos pobos do estado espanhol e xunto con Portugal tamen se o pobo portugues asi o quixera. Eu non son independentista, penso diferente a ti, pero iso xamais vai implicar que menospreze ou lle chame tonteria a idea do independentismo galego, senon que respeto esa idea e tenho amigos que o son, e sei q

4 TonioNogueira

Despois o debate no que ti fixeche mais fincape, o tema de independentismo - confederalismo - federalismo. Imos haber eu son nacionalista galego e polo meu entendemento penso que a millor organizacion territorial para o pobo galego na epoca actual e o CONFEDERALISMO, xunto co resto dos pobos do estado espanhol e xunto con Portugal tamen se o pobo portugues asi o quixera. Eu non son independentista, penso diferente a ti, pero iso xamais vai implicar que menospreze ou lle chame tonteria a idea do independentismo galego, senon que respeto esa idea e tenho amigos que o son, e sei q

5 TonioNogueira

Despois o debate no que ti fixeche mais fincape, o tema de independentismo - confederalismo - federalismo. Imos haber eu son nacionalista galego e polo meu entendemento penso que a millor organizacion territorial para o pobo galego na epoca actual e o CONFEDERALISMO, xunto co resto dos pobos do estado espanhol e xunto con Portugal tamen se o pobo portugues asi o quixera. Eu non son independentista, penso diferente a ti, pero iso xamais vai implicar que menospreze ou lle chame tonteria a idea do independentismo galego, senon que respeto esa idea e tenho amigos que o son, e sei q

6 TonioNogueira

Despois o debate no que ti fixeche mais fincape, o tema de independentismo - confederalismo - federalismo. Imos a ver eu son nacionalista galego. Despois polo meu propio entendemento cheguei a conclusion de que a millor organizacion territorial para o pobo galego na epoca actual e o CONFEDERALISMO, xunto co resto dos pobos do estado espanhol e xunto con Portugal tamen se o pobo portugues asi o quixera.

7 TonioNogueira

Eu non son independentista, penso diferente a ti, pero iso xamais vai implicar que menospreze ou lle chame tonteria a idea do independentismo galego, senon que respeto esa idea e tenho amigos que o son, e sei que o son porque tenhen as suas razons e entendementos. De feito a pesar de non estar dacordo desa idea, non estou en contra, porque non o considero unha idea inimiga, senon simplemente alternativa a minha propia vision. E cando hai actos de pedagoxia entorno a idea do independentismo galego, eu se podo vou, a pesar de que non este a favor, podo enriquecerme, aprender e reflexionar ao respecto. Decidin nomear a idea do confederalismo ao final de escrito, pra que entre no debate, pois e unha idea da que se fala pouco.

8 TonioNogueira

EU ACREDITO NA SOBERANIA PLENA, a soberania e o dereito a decidir dos pobos. Pois Unha vez que se consega establecer unha democracia mais participativa, que se faga un Referendum, e que todolos galegos decidan en Referendum, que modelos queren pra Galiza, seguir a ser unha autonomia, estado federal, confederarse ou a independencia. Xa esta e asi de sinxelo.

9 TonioNogueira

Pra conseguir facer ese Referendum, entre outras moitas mais cousas necesarias, hai que derrotar ao inimigo a falsa lexitimidade representativa do PPSOE. Ben pra iso fai falata unha gran Fronte Social e unha Gran Coalicion Politica de Esquerdas. 1. Superar a division da esquerda, entre socialistas, comunistas, socialdemocratas, ecoloxistas e icluso que as organizacions anarquistas volvan a pedilo voto pra esa coalicion, como xa fixeron no 36 coa Fronte Popular. 2. Superala Barreira esquerdas nacionalistas / esquerdas federalistas. Estan barreiras estan xa empezado a superarse, con exemplos que tiveron un grande apoio popular, en Catalunya, Valencia e Galiza.