Expertos do Foro Económico piden reformas para que explotar o monte sexa prioritario fronte os dereitos de propiedade

Din que no proveitamento forestal teñen que ter cabida usos moi diversos: produción de madeira de especies de crecemento rápido, madeiras de calidade, gandería extensiva ou biomasa e outras fontes de enerxía renovable.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/09/2020 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Expertos do Foro Económico de Galicia recomendan priorizar a explotación do monte fronte aos dereitos de propiedade. E, para iso, suliñan que sería imprescindible unha reforma estrutural na xestión das terras e a posta en marcha dun novo modelo de explotación con usos

Plantación de eucaliptos
Plantación de eucaliptos | Fonte: AXM

diversos.Así o puxeron de manifesto nun documento presentado este mércores en Ourense. 

Edelmiro López, membro nato do Foro Económico de Galicia, destacou, durante a presentación, que é preciso "construír un aproveitamento diversificado, multifuncional, das terras de monte".  O informe ten a súa orixe na IV reunión anual do Foro Casal de Armán e está coordinado polos profesores Edelmiro López e Albino Prada.

Segundo os autores nese aproveitamento teñen que ter cabida usos moi diversos: produción de madeira de especies de crecemento rápido, madeiras de calidade, gandería extensiva, biomasa e outras fontes de enerxía renovable, funcións ambientais e espazo de lecer. "Tendo en conta as deficiencias que presenta a xestión das terras de monte, resulta imprescindible unha reforma estrutural", apuntan pero que non altere a estrutura da propiedade e que impulse a mobilización produtiva e un adecuado aproveitamento destas superficies.

Entre as medidas propostas están uha ordenación efectiva dos usos do solo, a configuración dun novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras, a "coherencia" das distintas políticas públicas, corrixindo a fragmentación e contradicións entre políticas sectoriais e que a mellora das terras de monte sexan protagonizadas pola iniciativa privada pero acompañado dunha xestión pública directa de determinadas superficies.

 

PROBLEMAS DOS LUMES

 

Neste sentido, consideran que o modelo existente en Galicia non é o máis axeitado pola especialización produtiva e espacial o que, din, "provoca importantes limitacións". Entre elas, citan a forte dependencia dun número moi reducido  de  consumidores finais, a competencia doutras áreas do mundo, os problemas sanitarios e de adaptación ao cambio climático, a concentración das rendas na parte do territorio menos afectada polo despoboamento e a dificultade para xestionar unha biomasa que ameaza con aumentar os riscos de incendios.

Por iso, insisten, é importante a participación das administracións públicas para impulsar un modelo alternativo, aínda que tamén recoñecen que a fragmentación da propiedade é un obstáculo para por en marcha este novo modelo. Como solución os expertos apostan por instrumentos legais que permitan xestionar o uso de monte sen que a propiedade individual poida supoñer un bloqueo. O documento pódese consultar en https://www.foroeconomicodegalicia.es/publicacions.html

Entre as medidas propostas están uha ordenación efectiva dos usos do solo, a configuración dun novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras, a "coherencia" das distintas políticas públicas, corrixindo a fragmentación e contradicións entre políticas sectoriais e que a mellora das terras de monte sexan protagonizadas pola iniciativa privada pero acompañado dunha xestión pública directa de determinadas superficies.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 gpjx

Plantar eucaliptos non é rentable para Galicia, pois a Xunta gasta máis en apaga-lo lume e danos que beneficios da esta madeira ó conxunto de Galicia. O demáis son intereses particulares.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

O problema está en que a Xunta de Galicia non respecta dereitos de propiedade como os dos montes comunais (un alto número de hectáreas sobre o total da masa forestal galega) , sobre todo daqueles que desexan diversificar produccións nas súas propiedades e non dedicalas ao monocultivo do eucalipto ou do piñeiro. Para introducir novas formas de aproveitamento do monte, erradicando eucalipto e introducindo madeira autóctona, gandería ou outras producións agrarias e formando cooperativas todo son "pegas" por parte de Agricultura ("que se non está calificado o terreo como gandeiro", "que si as silveiras...", etc.). E, por riba, coa espada de Damocles da expropiación se os cómplices de ENCE e FIMSA estiman que a explotación do monte comunal non é axeitada. Como van diversificar producións? Menos contos, menos neutralidade forística e máis caña a quen hai que dárllela.