Choiva de críticas contra Hablamos Español por cargar contra a iniciativa do Xabarín

A plataforma de Gloria Lago asegurou que "os nenos hispanofalantes non importan". "Xa hai 3 canles infantís en castelán", recrimináronlles. A intervención coincide coa celebración da Mesa polo apoio á iniciativa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

Novo episodio na loita por unha canle infantil en galego, neste caso con polémica. A iniciativa do Xabarín, que se prevé chegue ó Parlamento nuns meses, vén de ser atacada pola plataforma Hablamos Español nunha intervención que xa recolle multitude de críticas na rede social Twitter.

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG

A plataforma comandada por Gloria Lago empregou a mesma rede para denunciar que "os pequenos hispanofalantes non importan" por buscar a iniciativa unha canle infatil en galego. No mesmo chío, a plataforma cargou contra a Mesa pola Normalización Lingüística -que lidera a recollida de sinaturas para o Parlamento-, tildándoa de "separatista".

A intervención de Hablamos Español non tardou en recibir multitude de críticas de rexeitamento, entre as que destacaron os usuarios que lembraron á plataforma a oferta televisiva en castelán para os máis pequenos.

APOIO Á MESA

As palabras de Hablamos Español coinciden co anuncio da Mesa celebrando o apoio recibido por parte dos sectores da cultura e a educación de Galicia. A defensa da proposta da Mesa vén de escenificada na mañá deste venres coa presentación oficial da iniciativa lexislativa popular que pedirá a creación da 'canle xabarín'.

O acto, celebrado en Santiago de Compostela, contou co apoio de "dúas ducias de profesionais da música, do audiovisual, do teatro e da industria editorial de Galiza, así como representantes de colectivos sociais e de todos os ámbitos do ensino do país", segundo destacaron na súa web.

Tal e como subliñou nun comunicado público a asociación o apoio do sector cultural verase concretado na "posta en marcha" dun grupo impulsor da iniciadtiva popular. Este colectivo recollerá representación das principais plataformas profesionais da cultura galega, así como mutitude de artistas, empresas editoriais e musicias e colectivos sociais e políticos, entre outros., 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

10 uu1

Ha, ha, Nostrus mais uma vez fazendo gala da sua intolerância, agora não só quere impor-nos a morte do idioma galego, agora quere impor onde trabalho ou onde estivem por motivos de trabalho, o certo é que ante a falta de argumentos não deixa de fazer o ridículo. Hoje em dia emitem em galego 2 de 30 canais na tdt, eu concordo, importa-me bem pouco, que a tdt emita em galego, mais reclamo que os outros 28 canais, mas as plataformas digitais tenham a opção do galego (ou da variedade brasileira), há uma grande diferencia entre ambas posturas, a intolerante e exclusivista de Nostrus e a minha que permite que cada um poda elixir o idioma a sua conveniência, castelhano, galego, versão original. O dito, Nostrus precisa de educação e viajar para valorar a diversidade (ele si que não deveu sair do seu mundo dourado). Sinto pena por ele, dama lastima!

9 Parvoense

Repite o fenómeno da suprema provocación desde a impostura estar polo "bilingüismo", cando está demostrado que tal conduta social non existe nin é operativa, só a defenden para manter a diglosia. É tan listo que até se supera cun "la tvg deberia transmitir en bilingüe para representar la verdadera identidad y realidad gallega", pois as diversas canles da CRTVE fano en catro línguas, verdade? Sabedoría superlativa cando afirma "que haxa revistas e peliculas en galego, depende exclusivamente da demanda, así de sinxelo", como se os medios e os filmes en castelán fosen sustentados polos consumidores, sen subvencións públicas! Abraiado ante tanta intelixencia e estudos superiores, nótase que sabe moito do que fala, debe ser especialista de taberna, dos que se arriman do lado do que domina a partida e esmaga con comentarios ofensivos aos de abaixo, se o deixan... E cando sae fóra esconde o rabo entre as pernas!

1 nostrus

O teu alcume estache moi ben acaido. ¿O bilingüismo non existe?, pois Galicia é unha rexión bilingüe. ¿O bilingüismo non é operativo?, levas moitos anos de retraso porque eso é o que se creia no pasado e por eso só era oficial o castelan e si esa teoria-tonteria túa fose certa auguraríaslle malos augurios ao galego porque sería a lingua que tería que ceder ante a gran dimension e ventaxas do español, polo tanto mellor que as duas teñan sitio. E as TVs de caracter nacional teñen desconexións en linguas autonómicas para disfrute da parroquia nacionática.Supremacismo é ter unha tv publica que pagamos todos pero adicada só a mitade da poboacion argumentando motivos estéticos ou espirituales.

8 4HyV

Nin supremacismo español, nin supremacismo portugués. O galego é outra cousa.

1 nostrus

Nin supremacismo galego. Bilingüismo, que é a verdadeira realidade galega.

7 Casimiro

Xa choveu desde que a lingüística deixou en ridículo o mito de unha língua de categoría superior e outras menores. Chámase supremacismo lingüístico, ten orixe na educación ideolóxica-política do nacionalismo español, á que responde con fidelidade o libro de cabeceira do Nostrus, fascismo ao obedece e ao que tanto debe Gloria Lago no nome dos seus ancestros, Román Lago Cabral e Román Lago Álvarez, propietarios de Casa Lago, xulgados e declarados responsables de máis de medio cento de mortes confirmadas no caso metílico, milleiros as estimadas, e indultados por Franco, declarando insolvente a empresa familiar. Para presumir de categoría, de ideoloxía, de negocios, de limpeza e de raza!

6 nostrus

En Galicia lo que hay aceptar la realidad y fomentar la coexistencia de dos lenguas que conviven desde hace siglos y dejarse de pajas mentales y manías persecutorias del mundillo nacionalista, que no se dan cuenta de que habiendo bilingüismo hay garantia para el gallego y cuando deje de haberlo no sabremos cual de las lenguas puede ser machacada.

1 uu1

Nostrus pide “aceptar la realidad y fomentar la coexistencia de dos lenguas que conviven desde hace siglos”, está pedindo que se cumpra a lei e o galego seja de verdade “oficial”, que todo o mundo poda ser atendido em galego na justiça, na polícia, na fazenda, na guarda cível, nos comércios, que disponhamos de versões galegas na tv, nas revistas, nos livros? Essa é a coexistência, o que existe hoje em dia é o idioma galego discriminado em praticamente todos os âmbitos da vida (resiste na festa do vinho e da empanada), e os supremacistas (e não menciono a Nostrus) querem manter o status quo para que a língua galega termine de desaparecer. Falemos galego e aproveitemos os recursos disponíveis das variedades do nosso idioma

2 nostrus

uu1 No que mencionas de ser atendido en galego xa existe dende hai moito tempo, non entendo a que ven eso, a non ser que leves moitisimo tempo sin pisar Galicia. En canto a que haxa revistas e peliculas en galego, depende exclusivamente da demanda, así de sinxelo. Pódeste obsesionar por unha lingua, un equipo de fítbol, unha relixión ou o que queiras, pero ten mais mágoa polas personas que polas linguas. O de supremacista é un calificativo noxento si o adicas as personas, pero recoñecer que o Barça ten mais categoria co Almendralejo, que unha autovia é mellor ca unha corredoira, ou que o español ten mais categoria que o galego non é ser supremacista, só é ter dous dedos de frente. Seria supremacista dicir que un galegofalante merece menos aprecio que castelanfalante, pero non o é si sabes que o español ten mais categoria que o galego, ¿acaso es tan torpe para non recoñecelo?. A min dame igual cual teña mais categoria, as duas son linguas miñas.

3 uu1

Certo, que o galego é oficial e o de ser atendido em galego existe há muito tempo, agora só é necessário que se cumpra!! O da tv é questão de vontade, pois há versões brasileiras de todos os contidos, como o é o feito de que existindo versões castelhanas para mais de 500 milhões aqui se fagam versões para menos de 50 (repito na Inglaterra não fam versões dos filmes ou series americanas!). Sua opinião sobre os idiomas amosa mais uma vez a sua intolerância que terá solução quando viaje um pouco, eu estivem na França, Holanda, Noruega, Singapore, China, Coreia entre outros é utilizei o único idioma global (o inglês) mas não por isso penso que existam categorias. As únicas categorias são a dos idiomas protegidos e a dos idiomas discriminados, e o galego está dentro dos idiomas discriminados! Evitar que o galego não seja discriminado é cumprir a lei. Mas você não pode aceitar que os galego falantes tenham os mesmos direitos que os castelhano falantes!!

4 nostrus

uu1, para empezar no presumas de visitar paises porque tu lo único que has hecho es estar encerrado en la sede de la UPG, de ahi tu obsesion en escribir en pseupoportugués. Si hubieras viajado mucho te habrias dado cuenta de la grandeza y universalidad del español y en esa grandeza han colaborado muchos gallegos. Por lo demás yo discrepo contigo y si considero que hay categorias en todo o casi todo. No comprendo como os molesta tanto el español, pero si quereis ser coherentes no lo useis nunca y cuando lo hagais pagad por utilizar algo que no es vuestro. En cuanto a las tv te diré que la tvg deberia transmitir en bilingüe para representar la verdadera identidad y realidad gallega.