Ethel Vázquez: "En materia de infraestruturas estatais gustaríanos un pouquiño de por favor do Ministerio"

A conselleira de Infraestruturas reclama ao Goberno "a recuperación" de servizos ferroviarios ante unha situación "crítica".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/09/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou ao Ministerio de Transportes "a recuperación" de servizos ferroviarios en Galicia ante o que cualificou como unha situación "crítica".

Así o expuxo, a preguntas dos xornalistas, antes dunha reunión coa Federación Galega do Taxi (Fegataxi) sobre a nova convocatoria de axudas para o sector, publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Preguntada pola supresión de servizos ferroviarios, a conselleira manifestou que trasladaron a Renfe e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana "decenas de escritos reclamando a recuperación de servizos e denunciando o desmantelamento".

"Sorpréndenos que nos contesten con evasivas, lonxe de atender as nosas demandas a situación agrávase, é crítica", expuxo a conselleira. Así, apuntou que hoxe tiveron coñecemento "a través dos medios dun novo golpe, como o peche da venda de billetes na estación do Barco e A Rúa". "O Covid non pode ser escusa para o desmantelamento de servizos ferrovarios, esa diminución afecta a miles de desprazamentos", recalcou.

Por outra banda, criticou que "se deixe fose a unha cidade como Vigo dos beneficios da Alta Velocidade, co acortamiento de tempo entre Ferrol-Pedralba nas próximas semanas". "Pedimos unha rectificación total a Renfe e ao Ministerio".

AEROPORTO ALVEDRO

Mentres, preguntada pola decisión do Concello da Coruña de suspender o contrato con Vueling durante seis meses, a conselleira trasladou o seu "respecto" á mesma, pero ante un servizo "liberalizado", pediu unha política aeroportuaria "coordinada".

"En materia de infraestruturas estatais gustaríanos un pouquiño de por favor do Ministerio na área da Coruña", manifestou tamén ao ser preguntada se, como expoñen algúns concellos, é partidaria dun mando único para mellorar as conexións e evitar atascos en Alfonso Molina, na entrada á cidade herculina.

Estación de tren galega. CEDIDA - Arquivo
Estación de tren galega. CEDIDA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta