O Sergas: "A Atención Primaria nunca se parou... nin durante a primeira onda da pandemia"

Destaca que entre os médicos de familia e pediatras "o paro é cero" en todo o Sistema Nacional de Saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, asegurou que a asistencia presencial de pacientes nos centros de Atención Primaria "non se deixou de facer" en Galicia nin sequera durante a primeira onda da pandemia pola Covid-19 e subliñou que "o Sergas se centra na atención ás persoas".

Así o manifestou en resposta a unha pregunta do BNG en comisión parlamentaria relativa aos recursos en Atención Primaria, e en concreto sobre a zona de Moaña e comarca. "Temos que pensar en mellorar a asistencia e a calidade, pero agora traballamos na seguridade", incidiu en referencia ao contexto de pandemia.

Tras a petición do deputado do BNG Paulo Ríos de que "se reforce de verdade con medios e persoal o servizo sanitario" na Comunidade galega, o director xeral de Asistencia Sanitaria explicou que as ausencias e vacacións cóbrense cos criterios da Consellería de Sanidade e "garanten o acceso adecuado". Ademais, asegurou que as vacacións e permisos concedéronse ao persoal "de modo graduado".

Por unha banda, comentou que as ausencias se cobren primeiro, se hai persoal dispoñible, coa lista de contratación; senón con prolongación de xornada e, "como último" recurso, coa intersustitución. Respecto diso, lembrou que entre os médicos de familia e pediatras "o paro é cero" en todo o Sistema Nacional de Saúde, pero lembrou que Galicia logrou aumentar as prazas de MIR, con sete de Pediatría e 24 de Medicinz de Familia e Comunitaria para 2020.

Paulo Ríos apuntou que "o groso" das vacacións do persoal sanitario "foi no verán porque se prevía unha segunda onda" e lamentou a "situación precarizada" da enfermaría. Fronte a iso, Aboal asegurou que a forma de distribuír as vacacións "cumpre" o pacto da Mesa Sectorial respecto diso "de maneira seria e rigorosa".

Ademais, o deputado do BNG insistiu en que a teleasistencia promovida polo Sergas "non vai mellorar a atención á xente", á vez que criticou que haxa xente "esperando na rúa" para recibir atención nunha PAC da comarca "que xa non é suficiente" porque "empeora a calidade".

Fronte a iso, Aboal aclarou que "a pandemia supón cousas diferentes" e eloxiou os "dous circuítos" diferenciados para atender a pacientes en primaria. Así, sinalou que un paciente, tras unha primeira consulta telefónica co seu centro de saúde pode ser citado posteriormente de maneira presencial se se considera necesario "por seguridade".

Atención primaria do Sergas
Atención primaria do Sergas | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Tempus Fugit

Pois fun pedir cita por internet e non esetá dispoñible o meu médico. Hai un mes déronme , para pedir receita, cita para dez días despois. O caso é que os teñen facendo labores de rastreadores da covid e non poden atender aos pacientes.

1 Gamela

nin siquera, de ratrexadores tiveron que chamar ao exército porque non facían nada de nada... Cando esta crise remate (se remata) habería que mirar con lupa o funcionamento dos Centros de Saúde en Galicia... Certo que viñan dunha situación moi complexa e estaban moi queimados, pero hoxe por hoxe non teñen perdón cando se agochan detrás dun teléfono para facer medicina ! Así non imos a ningures !!!