A Xunta vencella a liberación de remanentes ó "fracaso" do Goberno central

Rueda critica o cambio de postura do Executivo e pídelle a María Jesús Montero que "se poña de acordo consigo mesma".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, aplaudiu este mércores a decisión do Goberno central de anular as regras fiscais para liberar a utilización dos remanentes municipais, aínda que considerou que é unha decisión que chega tarde: "Lamento o tempo que se perdeu, pero benvido sexa".

En resposta a preguntas dos medios, Rueda criticou a postura mantida durante os últimos meses polo Goberno central e pediu á ministra de Facenda, María Jesús Montero, que "se poña de acordo consigo mesma".

"Todas as propostas que se foron facendo e fracasando, algunhas delas estrepitosamente, sempre se dicía desde o Goberno central que eran ou o tomas ou o deixas, que non había alternativa. E cando foron fracasando nesas propostas, resulta que si había unha alternativa", dixo Alfonso Rueda.

Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo
Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo

AFORRO DOS VECIÑOS

Fronte ao bloqueo dos remanentes municipais, lembrou o vicepresidente galego, "o conxunto dos concellos" mantivo unha "proposta clara": "o aforro dos veciños é fundamental que se poida gastar", máis se cabe nunha situación "na que é urxente facer investimentos". "Están a pedir que se liberen eses aforros que son dos veciños e que se poidan gastar nos veciños", lembrou Rueda, que subliñou como, con anterioridade, o Goberno "dicía que non podía ser porque había unha serie de normativas en vigor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Parece EVIDENTE que a chantaxe da ministrilla de Facenda tiña as patas curtas ! Pero o peor non é a supresión da regla de gasto, o peor é dar vía libre a un ENDEBEDAMENTO SEN LÍMITES (en xaneiro estaremos no 125% do PIB) ¿Sabedes quen vai pagar o novo PUFO? Durante anos seremos escravos da débeda e traballaremos para engordar aos bancos alemáns e holandeses ! Pero daquela Pedro Sánchez xa estará vivindo en Dubai !!!