Asinado un convenio entre Concello da Coruña e Correos para facilitar o pago de tributos en calquera oficina

"Este novo servizo ás persoas contribuíntes, tras unha breve fase de implantación, entrará en funcionamento a partir da data da firma e estará en vigor durante o próximos catro anos" declarou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/09/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e Correos subscribiron un convenio polo que se facilitará á cidadanía o pago, mediante un xiro postal, de débedas tributarias e outras de dereito público xestionadas polo consistorio coruñés.

Así o informa o consistorio tras a firma dun convenio coa presenza da alcaldesa, Inés Rey. "Este novo servizo ás persoas contribuíntes, tras unha breve fase de implantación, entrará en funcionamento a partir da data da firma e estará en vigor durante o próximos catro anos".

Con este convenio, "Correos porá a disposición do Concello da Coruña a súa rede de 2.393 oficinas distribuídas por toda España, en que lle ofrece á cidadanía, entre outros, os servizos de xiro postal, o que lles facilitará o cumprimento dos deberes tributarios que teñan co Concello da Coruña".

O Concello da Coruña e Correos asinan un convenio de colaboración. ANDY PEREZ
O Concello da Coruña e Correos asinan un convenio de colaboración. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta