Outro día tráxico: seis novos falecidos da COVID-19 en Galicia

Xa son 125 os mortos na "nova normalidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Seis novos falecidos confirmados nas últimas horas nos hospitais galegos elevaron o número de vítimas mortais pola COVID-19 en Galicia a unhas 746 persoas.

En concreto, trátase dunha muller de 90 anos ingresada no Hospital de Verín, que procedía da residencia Santa María; un home de 76 anos que permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e unha muller de 89 anos que estaba ingresada no CHOP.

Así mesmo, dous homes de 66 e 87 anos faleceron no Complexo Hospitalario da Coruña, e outro home de 89 anos no HM Modelo Belén. Todos presentaban patoloxías previas, salvo este último caso. Con estes novos casos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 125.

Este luns volveuse a aumentar a lista das vítimas despois dun domingo sen comunicación de ningún deceso por parte das autoridades sanitarias, o que levaba un mes sen ocorrer --desde o 27 de agosto--.

A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Unha ambulancia aparcada nas inmediacións da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei
Unha ambulancia aparcada nas inmediacións da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta