Valga suma case dous millóns de euros de débeda, o 35% do orzamento municipal

O grupo do PP négase a reprobar a unha das súas concelleiras condenada por usar a violencia contra unha veciña.

Por Galicia Confidencial | Valga | 01/10/2020 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O Concello de Valga endebedase máis cada ano que pasa. De feito, o débeda púbica municipal é de case dous millóns de euros, medio millón acumulado só durante o pasado ano, o que supón o 35% do orzamento municipal e pon en evidencia, segundo os grupos da oposición, "a mala xestión económica do equipo de goberno".

José María Bello Maneiro
José María Bello Maneiro | Fonte: Concello de Valga.

"O peche económico do ano 2019 trae uns datos que evidencian un problema económico no concello de Valga, provocado por un goberno que non fixo ben as súas previsións e que disparou o gasto no 2019", apunta María Ferreirós, portavoz do PSdeG. Así, o concello débelle 833.268,59 € en préstamos da Deputación de Pontevedra, 474.993,05 € c en obrigas pendentes de pago, 4.950,83 € corresponden a obrigas pendentes de pago de exercicios pechados e 630.000 € corresponden a un préstamo solicitado en decembro de 2019.

Esta é a débeda máis alta xamais alcanzada no Concello de Valga. Estes números evidencian un grave problema económico, e pon en evidencia a nulidade do goberno para baixar ou mesmo conter a débeda municipal”, destaca Ferreirós que acusa, ademais, ao PP, de "facer trampa" coas contas municipais. 

CONDENA DA VIOLENCIA

Por outra banda, o grupo Valga Viva presentou unha moción urxente no último pleno para que a a concelleira, María Magdalena Isorna Sumay, que foi condenada xudicialmente por usar a violencia física contra outra veciña, fora reprobada púbicamente e presentara a dimisión. Só este grupo e o PSdeG votaron a favor, mentres que o PP votou en contra.

Manuel Castiñeira, portavoz de Valga Viva, denunciou que recibiu ameazas como "romperlle a cara a hostias" tras presentar esta iniciativa. Tras denunciar isto tamén nun rogo no pleno o alcalde respondeulle que "o que exerce a violencia é vostede".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta