A homenaxe do Día das Letras a Carvalho Calero no 2021 segue aínda no aire

A Academia sinalou que non descartaba "outras posibilidades" durante o confinamento. Galiza Cultura pide manter o recoñemento: "merece condicións semellantes ás de outros anos".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Crece a presión sobre a Real Academia para que se clarifique o curso das Letras Galegas deste ano. A federación de asociacións culturais Galiza Cultura vén de publicar un comunicado no que insta á Academia a pronunciarse sobre unha cuestión que, a poucos meses de que remate o ano, segue sen aclarar: repetirá Carvalho Calero como Letras Galegas de 2021?

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, nun acto. XUNTA
O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, nun acto. XUNTA

A chegada da covid impuxo un parón total á cultura que ameaza con malograr o labor de divulgación e recoñecemento que caracterizan á celebración das Letras Galegas. Esta circunstancia foi recoñecida pola propia Academia cando, no pasado mes de abril, se declaraba "consciente dos tempos de incerteza que corren".

A institución presidida por Víctor Freixanos puntualizaba entón que permanecería "atenta" á evolución da pandemia e que, en función desta evolución, non descartaban "outras posibles opcións, sempre na liña de render a homenaxe debida". A denuncia de Galiza Cultura, pois, é que, case medio ano despois dese comunicado, a Academia segue sen desvelar se Carvalho Calero continuará ou non como homenaxeado da máxima distinción da lingua e cultura galega.

"MERECE DISPOR DOUTRO TEMPO"

Segundo destacan en Galiza Cultura, o comunciado da RAG apuntaba tamén que os "actos presenciais previstos para a primavera" serían trasladados ó derradeiro cuatrimestre do ano. Aínda que a Academia si leva impulsado diversas xornadas na honra de Carvalho, a homaxe segue a resultar sensiblemente máis reducida que en anos pasados, máxime debido ás restriccións sanitarias que dende este verán veñen sendo aplicadas en Galicia.

Ante estas circunstancias, a federación de asociacións culturais pide á Academia que manteña a celebración na honra de Carvalho Calero para o ano que vén, xa que "merece dispor doutro tempo e doutras posibilidades". O obxectivo, pois, sería que o recoñecemento de 2021 tivera lugar en "condicións semellantes ás doutros anos", o que aínda está por ver.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 h6Vd

Xa foi celebrado, ademáis Carballo non é máis que unha copia do portugués Rodrigues Lapa.

1 Sentidiño

A ignorancia non ten límites. Velaquí unha asnada propia de Millán Astray: Platón foi unha triste copia de Sócrate; Pérez Galdós, un Balzac sen talento.

2 Fidel

Home, os reintegracionistas dan peniña e vergoña allea pero ¿D. Ricardo? Respétase, foi moi grande (aínda que os neolusos da AGAL xa mexan por él entregados abertamente ó portugués).

3 RuHg

É a verdade, Carballo Calero nunca for lusista ata que llo dixo Rodrigues Lapa.