Casos activos nas residencias galegas: 309 usuarios e 119 traballadores con Covid-19

Rexístranse oito novos casos e 14 altas na última xornada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A cifra de usuarios afectados por coronavirus nas residencias de maiores galegas diminuíron ata os 309, tras oito novos positivos e 14 altas na última xornada. En concreto, segundo os datos proporcionados polas consellerías de Política Social e Sanidade, na última xornada producíronse as altas de 14 usuarios do centro residencial O Piñeiral, de Culleredo, que conta actualmente con nove casos activos.

Un traballador protexido na residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo
Un traballador protexido na residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Así mesmo, detectáronse catro novos contaxios de usuarios na residencia Santa Marta de Vigo, un na Ballesol de Oleiros, outro na DomusVi Coruña, tamén en Oleiros, un usuario da residencia Nosa Señora do Viso de Lobeira e outro nas Salinas, en Ourense. Nas últimas horas tamén se produciu o falecemento dunha usuaria da residencia DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, unha muller de 86 anos.

Con iso, a residencia que continúa tendo máis usuarios afectados é a DomusVi de Outeiro de Rei, con 131, seguida da residencia do Incio, con 48. En terceiro lugar está Nosa Señora do Viso, de Lobeira, que suma un caso, ata os 48, seguida da Ballesol de Oleiros, onde hai 33 usuarios contaxiados.

A residencia Santa Marta de Vigo suma catro positivos, co que son 17 os usuarios afectados e nas Salinas de Ourense, cun máis, ascenden a 15.

No fogar residencial O Piñeiral hai aínda nove positivos, tras as últimas altas, e a DomusVi Lalín e a Torrente Ballester da Coruña teñen dous casos cada unha. Finalmente, hai un usuario contaxiado en cada un dos seguintes centros: residencia de Arteixo, residencia O Pilar, residencia DomusVi Coruña (Oleiros) e residencia Nosa Señora dos Milagres, en Barbadás (Ourense).

Por outra banda, os traballadores afectados diminuíron ata os 119, tras 13 altas e nove positivos novos. En concreto, os empregados negativizados foron no Incio (11) e DomusVi Lugo (2), mentres que os novos casos rexístranse en Orpea Lugo (1), Nosa Señora do Viso (2), Virxe da Clamadoira (1), Vistahermosa (1), San José de Ourense (2), Nosa Señora do Rosario (1) e Santa Marta de Vigo (1).

O persoal con máis contaxios en Galicia segue sendo a da residencia do Incio, con 24 empregados con PCR positiva, e a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, con 22. Tras eles, Nosa Señora do Viso (18), O Piñeiral de Culleredo (7), As Salinas de Ourense (4), Ballesol de Oleiros (4) e Santa Marta de Vigo (4).

A estes súmanse dous casos na residencia Volta do Castro en Santiago, igual que na residencia da Fundación José Otero, tamén na capital galega, na Nosa Señora do Socorro de Arnoia, en Orpea Lugo, na residencia San José de Ourense e no CRAPD Vigo I.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade, continúan seis usuarios afectados e soben a 20 os traballadores cunha PCR positiva, tras un novo contaxio na residencia Pai Menni de Betanzos.

Do total, a residencia Ricardo Baró de Aspronaga en Oleiros acumula cinco casos e o centro Pai Menni de Betanzos segue con un, segundo os datos actualizados este mércores.

Neste tipo de instalacións hai 20 traballadores infectados de COVID-19. Do total, 13 corresponden á residencia Ricardo Baró de Oleiros e tres á Residencia de Adultos Pai Menni de Betanzos. Pola súa banda, hai un caso en cada un dos centros: CAPD A Coruña; Juan Vidán Torres de Santiago; Residencia de atención a persoa con dano cerebral de Fudace de Castro de Rei; e Residencia de atención a persoas gravemente afectadas de parálises e dano cerebral da Cruz Vermella en Castro de Rei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta