Temas: CINE

A longametraxe 'A illa das mentiras' chega este venres ás salas de cinema galegas

A TVG pecha setembro cun incremento de audiencias entre os máis novos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A longametraxe 'A illa das mentiras', a ópera prima da directora galega Paula Cons e que conta coa participación da TVG, estréase este venres 16 salas de vilas e cidades toda Galicia, despois de participar no Festival de Xangai. Ademais, a cinta exhibiuse na sección 'Made in Spain' de San Sebastián e pasou tamén polo Festival de Cinema Internacional de Ourense.

'A illa das mentiras'.
'A illa das mentiras'.

Con Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca e María Costas nos papeis principais, a película foi rodada en 2019 e está inspirada libremente en feitos reais, no afundimento do buque Santa Isabel fronte ás costas da illa de Sálvora en 1921.

Precisamente, este é o punto de partida dun filme no que o máis interesante non é o naufraxio en si mesmo, senón as consecuencias que ten nun microcosmos tan pechado e peculiar como o desta pequena illa. Tamén é unha homenaxe a tres mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.

Temas: CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta