Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 20:19
O sector da batea recibiu o 80 por cento das axudas da Consellería do Mar para fomentar o desenvolvemento de actividades relacionadas coa acuicultura sustentable, que repartiu 6 millóns de euros entre 103 proxectos. Así figura no informe facilitado polo departamento que dirixe Rosa Quintana e que foi analizado pola Xunta na reunión do seu executivo celebrada este xoves.
Estes 103 proxectos, a metade deles de actividades relacionadas coas bateas de mexillóns, xerarán un investimento de 12 millóns de euros, dos cales a metade proceden de axudas autonómicas cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.