O hostaleiro coruñés en folga de fame suspende a súa protesta no día de nova mobilización do sector

O Concello permitirá temporalmente o cambio de licenza de pubs para que operen como cafetarías.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O propietario do pub Área Crítica, situado na rúa do Orzán, na Coruña, puxo fin este venres á folga de fame que iniciou hai unha semana polo peche do lecer nocturno no marco das medidas sanitarias impostas pola Xunta.

Pub Área Crítica na Coruña
Pub Área Crítica na Coruña | Fonte: Google Maps.

A medida impedíalle abrir o seu establecemento e para denunciar a situación pola que atravesa o sector o propietario deste pub, Lolo Villaverde, iniciou unha folga de fame, á que puxo fin este venres.

Ante o seu local, tivo lugar unha nova concentración convocada por representantes dos hostaleiros coruñeses para esixir unha solución para o sector.

Xabi Barral, un dos representantes do colectivo convocante da protesta, cualificou como "un pequeno paso" o anuncio do Concello herculino de que permitirá temporalmente o cambio de licenza de pubs para que operen como cafetarías ante o actual contexto de pandemia.

No entanto, dixo que continuarán coas mobilizacións. "Estamos pendentes da reunión coa Xunta sobre as axudas e os prazos, queremos saber se están vinculadas a que se poida abrir ou non", sentenciou sobre un encontro que prevé se celebre a principios da próxima semana. Por outra banda, avanzou que están a estudar a posibilidade de convocar unha mobilización a nivel galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta