O PPdeG avanza que Galicia non poderá ter os seus orzamentos a "1 de xaneiro" polos "vaivéns" do Goberno central

Tellado destaca que o paro baixa en setembro con respecto ao mes anterior e que aumenta a contratación.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que as "incertezas políticas" da xestión do Goberno de Pedro Sánchez e os seus "continuos vaivéns" fan que sexa "practicamente imposible que Galicia poida contar con orzamentos aprobados a día 1 de xaneiro".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado | Fonte: PPdeG.

Tellado censurou que o Executivo estatal non facilite ás comunidades os datos que necesitan para que estas poidan elaborar as súas contas, como o teito de gasto.

"O Goberno de Pedro Sánchez é un problema económico en si mesmo", afirmou Tellado, que sostivo que o feito de que un Goberno "sen orzamentos estea a deslizar unha suba de impostos e desgravacións fiscais xa existentes" xera incertezas que se suman ás da propia pandemia.

"As contas públicas non poden facerse lendo entre liñas as declaracións dos ministros nun ou noutro xornal", censurou o secretario xeral dos populares galegos, que remarcou que Galicia "ten estabilidade" pero non un marco macroeconómico para elaborar as súas contas.

Neste sentido, afirmou que mentres que a "Pedro Sánchez lle fatan apoios para aprobar as contas, a Galicia o que lle falla é o Goberno central". Por todo isto, lamentou que toda España teña que facer fronte a unha tripla pandemia --a sanitaria, a social e á económica--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta