Temas: SANGUE DOAZóNS

Continúan baixas as reservas dos grupos sanguíneos A+ e 0+ en Galicia

Así o sinalou este venres a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que os centros sanitarios para atender a demanda necesitan 500 doazóns de sangue cada día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos A positivo (A+) e Cero positivo (0+) están baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), B positivo (B+) e A negativo (A-) seguen normais.

Así o sinalou este venres a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que os centros sanitarios para atender a demanda necesitan 500 doazóns de sangue cada día.

O vindeiro luns, 5 de outubro, co fin de facilitar a doazón ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Narón --xunt á coorperativa--, A Coruña --O Corte Inglés--, Santiago --Praza Vermella-- e Boimorto --diante do centro de saúde--.

Tamén o luns desprazaranse unidades móbiles aos concellos pontevedreses de Sanxenxo --Praza dos Barcos--, Vigo --delegación da Xunta e Cabral-- e Redondela --Cesantes--.

Ademais, ADOS enviará unidades á localidade lucense de Chantada --Praza de Galicia-- e A Pobra de Trives --Rúa San Martiño--.

Unha unidade móbil de ADOS e Os Bolechas trasladarán a importancia da doazón de sangue aos escolares galegos .. AXENCIA DE DOAZÓN  DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS)
Unha unidade móbil de ADOS e Os Bolechas trasladarán a importancia da doazón de sangue aos escolares galegos .. AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS)

Temas: SANGUE DOAZóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta