Os 'Premios Martín Códax da Música Galega' adáptanse á Covid

A VII edición encherá as redes sociais de encontros virtuais cos músicos finalistas e a gala final do 21 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra será retransmitida en streaming.

Por X.M. Fernández | Cambados | 03/10/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A festa de finalistas que se realiza na adega Martín Códax adquire un novo formato adaptado aos tempos e reconvértese en diferentes encontros virtuais cos finalistas de cada categoría conducidos por representantes da asociación Músicas ao Vivo.

Finalistas VII edición
Finalistas VII edición

Nestas xuntanzas, en forma de pequenas pílulas de 10 minutos, os e as finalistas de cada categoría serán presentados “nunha conversa informal e amena” e faráselles entrega de forma oficial do tradicional botellón magnum de Martín Códax. Poden verse, a razón dunha por día, dende o pasado día 30 de setembro nas redes sociais dos Premios Martín Códax da Música e de Bodegas Martín Códax.

A gala final celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro día 21 de outubro. Por razón de aforo, a gala será retransmitida en streaming a través da páxina web dos Premios Martín Códax da Música.

Melómanos de Víctor Lorenzo. Foto: Bodegas Martín Códax.
Melómanos de Víctor Lorenzo. Foto: Bodegas Martín Códax.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta