Ourense, o maior foco de casos de covid en Galicia con gromos familiares, escolares e comunitarios

A taxa de incidencia a sete días triplica a do conxunto de Galicia e segue en aumento. O Sergas xustifica o endurecemento de medidas nos brotes familiares, que provocaron a aparición de casos nos colexios.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 03/10/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias xustificaron o endurecemento das restricións na cidade de Ourense anunciado este venres na clara evolución negativa da situación epidemiolóxica no municipio. O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública advertiu das circunstancias específicas que se dan neste punto, con caso diarios que seguen aparecendo de maneira continua, feito que non sucede noutros concellos da área.

A taxa de incidencia na comarca segue en aumento, especialmente a de casos por 100.000 habitantes a sete días, que "triplica" a do conxunto de Galicia. A investigación epidemiolóxica argumentou que esta evolución "se debe especialmente ás reunións familiares de persoas que non conviven de maneira habitual e con extensión ás amizades".

Estes focos familiares, ademais, "tamén provocan a aparición de casos nos colexios". De feito os datos facilitados por Educación e Sanidade este venres revelan que centros da área de Ourense son os máis castigados en número de positivos, con máis dun cuarto do total de Galicia e co brote máis importante desde o inicio do curso no CEIP As Mercedes (nove alumnos nunha mesma aula e 12 casos en todo o centro).

"O informe destaca que o gromo no concello de Ourense está a evolucionar claramente en sentido negativo, xa que a incidencia segue aumentando e hai un alto número de ingresos e de traslados a unidades de críticos, feito que se pode ir agravando se non se corta canto antes a transmisión", engaden.

Ademais, os grupos de maior idade "están moi afectados", matizan, o que pode implicar "un serio risco para estas persoas" tendo en conta as características da COVID-19 e a porcentaxe que afecta a este tipo de casos.

ENDURECEMENTO POR REUNIÓNS FAMILIARES

Ata o momento as restricións impostas en Ourense estaban delimitadas en zonas da cidade onde se detectaba unha maior agrupación dos casos e nas que se establecían medidas aínda máis duras. En concreto, o 19 de setembro Sanidade decidiu endurecer as medidas no barrio do Couto --unha restrición que se ampliou o 23 de setembro--, onde non se pode consumir no interior de bares e cafetarías (nivel 3).

En canto ás reunións interpersoais, inicialmente limitáronse a 10 persoas, con excepción do barrio do Couto, onde, desde hai dúas semanas, están restrinxidas a cinco. Esta cifra trasladouse a toda a cidade o pasado mércores. A investigación epidemiolóxica observou que a distribución dos casos dentro do concello segue sen ser uniforme, e o brote mantén características de alto risco.

EXCEPCIÓNS

Este incremento de restricións non impedirá a reunión con persoas non convivientes que se produza por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo, non será aplicable en actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Tamén se recollen outras excepcións, como o caso de velorios e enterros, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regulado ou bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos, entre outros.

CAMBADOS E ORTIGUEIRA

Outro dos casos abordados o venres afecta á comarca do Salnés, que conta cunha taxa acumulada a 14 días 1,10 veces o valor da da totalidade do territorio galego, nas que destacan Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, Meis e Sanxenxo.

A estes concellos sumouse Cambados, con taxas acumuladas a 3,7 e 14 días superiores ás observadas no conxunto de Galicia para eses mesmos intervalos temporais e con indicadores risco alto, como a porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado na área e no período de investigación do brote; e de risco medio, como a porcentaxe de probas PCR positivas na área e no período de investigación do brote.

A comarca de Ortegal, pola súa banda, presenta unha taxa acumulada a 14 días 1,28 veces o valor alcanzado para o conxunto de Galicia, especialmente en Ortigueira, cunha taxa acumulada a 3,7 e 14 días superior á da comunidade galega.

VERÍN

No caso da comarca de Verín, o valor da taxa acumulada a 14 días foi 2,15 veces o valor alcanzado para toda Galicia.

No propio municipio, o informe do Sergas especifica que existe "un número de casos hospitalizados alto, co risco engadido de ser unha poboación moi envellecida", e presenta circunstancias preocupantes tanto na súa taxa de incidencia nos últimos 3 días como na porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado.

Tets, coronavirus. JCCM - Arquivo
Tets, coronavirus. JCCM - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 gaillimh

A tradución do irishtimes: Podería haber de 1.200 a 1.300 casos cada día e 400 persoas hospitalizadas a finais deste mes segundo as proxeccións actuais, advertiu o profesor Philip Nolan. O profesor Nolan, o presidente do grupo asesor de modelos epidemiolóxicos do Equipo Nacional de Emerxencias de Saúde Pública (NPHET), dixo que as cifras de casos creceron unha media do 4 por cento ao día desde que alcanzou un mínimo diario de nove casos o 23 de xuño. Desde entón as cifras pasaron de 12 casos o 1 de xullo, 40 casos o 1 de agosto, 131 casos o 1 de setembro e 470 casos o venres.

2 gaillimh

There could be 1,200 to 1,300 cases each day and 400 people in hospital by the end of this month based on current projections, Prof Philip Nolan has warned. Prof Nolan, the chair of the National Public Health Emergency Team (NPHET) epidemiological modelling advisory group, said case numbers have been growing by an average of 4 per cent per day since hitting a daily low of nine cases on June 23rd. Since then numbers have grown from 12 cases on July 1st, 40 cases on August 1st, 131 cases on September 1st and 470 cases on Friday.

1 gaillimh

Estes son simplemente a avanzadilla. Iso irá aparecendo en máis lugares. Non serve de nada ir coa máscara 19 horas se a sacas 5 minutos para tomar algo nunha mesa dunha terraza con outros 4 ou 5 onde algúns poden ser transmisores. Falando (berrando como facemos os galegos) é cuestión de minutos. Deberían mirar as medidas que tomou California ou Irlanda pero claro, aquí a economía é un churro baseado nun sector servizos cutre (bares, chiringuitos e demais miseria). E nin comparable ao que move o sector dos pubs en Irlanda que estiveron pechados totalmente ata setembro e volven estar en moitos lugare porque así que abriu timidamente este sector pasou duns 30 casos diarios a uns 400