Os socialistas de Ourense buscarán apoios para unha moción de censura contra Jácome

Lembran que a candidatura de Rafael Rodríguez Villarino foi a máis votada nos últimos comicios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A executiva provincial do PSdeG e a comisión xestora da agrupación local de Ourense deron o visto e prace ao comezo dos trámites necesarios para a presentación dunha moción de censura para desaloxar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía do municipio.

Para iso, levarán a cabo unha serie de encontros coas diferentes formacións políticas para establecer os termos concretos da iniciativa, que necesita polo menos a firma de 14 dos 27 concelleiros, e na que sitúan ao PSdeG como alternativa de Goberno "lexítima".

Os socialistas ourensáns instan os partidos a resolver o bloqueo que vive a corporación municipal "mediante o maior consenso posible" e lograr un goberno representativo "do sentir maioritario da cidade", lembrando a candidatura de Rafael Rodríguez Villarino foi a máis votada nos últimos comicios.

O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE - Arquivo
O portavoz do PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino. PSOE OURENSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta