Pontón a Feijóo: "esperemos que Galicia non quede coas migallas do Fondo Covid da UE"

A líder nacionalista cre que a Xunta empeza "mal" a lexislatura ao "incumprir" a súa promesa de ter orzamentos "en tempo e forma".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a que empezo a "facer os deberes" para evitar que Galicia "quede coas migallas" na repartición dos fondos europeos para a reconstrución económica tras a pandemia.

Nunha entrevista este domingo con Radio Nacional recollida por Europa Press, Pontón incidiu en que a repartición de fondos "é un tema central" porque sen eles "non haberá reactivación" da economía, polo que chamou a atención de que Galicia "non pode volver saír perdendo nesta repartición".

"Temos moita experiencia de como cando se reparte desde Madrid, a Galicia tócanlle as migallas por culpa do centralismo madrileño", aseverou a líder nacionalista, que cre que "Madrid é un buraco negro" que absorbe máis recursos que o resto de rexións do Estado.

Así as cousas, lamentou que "mentres os demais fan os deberes" pondo sobre a mesa proxectos para captar estes fondos, á Xunta "nin está nin se lle espera" porque Feijóo "non acepta debates destas características".

"Queremos un relatorio para fraguar unha posición de país", subliñou antes de reclamar "o compromiso" das forzas políticas galegas que defendan "o mesmo en Galicia que en Madrid" como única vía para "evitar que ao final" a Comunidade galega quede "coas migallas" do fondo de reactivación.

PRESUPOSTOS DA XUNTA

Por outra banda, Ana Pontón cargou contra Núñez Feijóo polo anuncio lanzado hai uns días de que a Xunta non terá orzamentos aprobados para comezos de ano, especialmente nun momento no que a "crise sanitaria, económica e social" provocada pola pandemia fainos "máis necesarios que nunca".

Cuestionada sobre a situación da planta de Alcoa en San Cibrao, cuxos traballadores iniciaron este domingo unha folga en protesta pola negativa da multinacional a vender, Pontón incidiu en que "o futuro" da factoría pasa pola nacionalización.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 anonimo

Que espera esta neninha!, que Frijolito faga algo polo País. Está ai para cumprir as ordens que lhe ditem a oligarquia madrilenha, por isso foi retornado da Vila e Cortelho polo ministro franquista, Fragha.

1 Gamela

As cubas non se paran ! https://twitter.com/00Gamela/status... Estamos agardando con impaciencia os PROXECTOS de reconstrucción que avala o BNG ! De momento o único que escoitamos falar a Néstor Rego é que non lle gustan os cadros colgados no Congreso (?)

1 un pouquiño de sentido

Dicir que so falou de cadros Rego cando foi o único que defendeu aos traballadores de Alcoa e está a presionar ao goberno en cada intervencion apra que nacionalice é de ser moi ignorante ou de querer mentir descaradmente

2 Gamela

A ver, non o tomes en sentido literal, certo que Rego reclamou o tema de Alcoa pero mira o caso que lle fan (1 deputado) , por iso falo de que a súa DISPERSIÓN PARLAMENTARIA non é cousa que favoreza a defensa dos intereses dos traballadores da Mariña (?) Ademáis non o vexo falar coa Ministra de Industria para presionar, nin buscar alianzas que lle permitar ir máis lonxe da súa teima particular (AgoraRepúblicas) ?