O conto que lles ensina aos nenos os perigos das megaminas e do "lobby mineiro"

Un vídeo tenta sensibilizar sobre os conflitos e impactos ambientais e socioeconómicos asociados ao extrativismo mineiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A mina contamina é unha iniciativa de sensibilización social sobre os conflitos e impactos ambientais e socioeconómicos asociados ao extrativismo mineiro. Un proxecto que acaba de publicar un interesante vídeo no que tenta mostrarlles ás crianzas os perigos das minerías intensivas.

Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato.
Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato. | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

"A necesidade de sensibilización e divulgación sobre a minaría desde puntos de vista alternativos e asentados nas evidencias históricas e científicas tórnase necesaria no momento actual ante a intensa actividade do lobby mineiro orientada a crear un “estado de opinión favorábel” apagando toda negatividade asociada ao extrativismo", apuntan os impulsores deste proxecto.

O traballo é froito da colaboración desinteresada de educadoras ambientais, docentes de ensino primario, secundario e universitario, activistas ambientais e historiadoras. Parten desde a óptica da educación para a sustentabilidade e o seu obxectivo é fomentar unha actitude crítica e reactiva en relación á visión da minaría proxectada en Galicia "polo lobby mineiro e a propia administración co obxecto de empoderar a sociedade para a defensa da súa terra, saúde e futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta