Presas e presos políticos piden a concellos que acaben coa "vergoña" das distincións a ministros franquistas

Felicítanse polo inicio en Cedeira do expediente de retirada das mesmas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/10/2020 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O Colectivo de Presas e Presos Políticos de Galicia na ditadura reclamou aos concellos galegos con distincións a ministros franquistas que acaben "con esta vergoña" e se sumen a outros municipios que acordaron a retirada das mesmas.

En concreto, citan o caso de Cedeira por, explican nun comunicado, "acordar no pleno do pasado 2 de outubro iniciar o expediente para, no prazo de tres meses, retirar a Manuel Fraga e outros ministros franquistas as distincións de fillos adoptivos, concedidos na ditadura".

"Non é a primeira iniciativa aprobada neste concello xa que no pleno de marzo de 2020 aprobaba retirar a avenida Manuel Fraga, inaugurada cando era ministro da ditadura, que pasa a chamarse Fratenidade".

Este colectivo felicita a este concello e a outros, como Ferrol ou A Coruña, por apoiar as súas peticións a este respecto. No caso de Cedeira, destaca a decisión de retirada da distinción a ministros como Pedro Nieto Antúnez, Gonzalo Fernández de la Mora, Salvador Moreno Fernández e José Antonio Girón de Velasco, así como a Julio Muñoz Rodríguez de Aguilar, "gobernador civil da Coruña e un dos promotores do Xunta Prol Pazo do Caudillo", explica.

Por outra banda, incide no feito de que "numerosos concellos de Galicia manteñan rúas e distincións a ministros da ditadura". "Santiago ten como fillos adoptivos a 20 ministros; oito Ferrol; sete, Lugo; catro, Pontevedra; sete a Deputación da Coruña e tres a de Pontevedra", cita como exemplos. "Hai que acabar con esta vergoña, que non é propia dun país democrático e que é unha ofensa para as vítimas da ditadura", recalca.

Capa do libro 'Os restos do franquismo en Galiza'
Capa do libro 'Os restos do franquismo en Galiza' | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta