Endesa di que quere"priorizar" o emprego de empresas auxiliares nas Pontes

Con todo, non facilita aínda o número de empresas e traballadores e auxiliares afectados olo peche da térmica das Pontes.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/10/2020 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

O director xeneral territorial da zona norte de Endesa, Miguel Temboury Molina, trasladou á subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioobo, a previsión da empresa de "priorizar" o emprego das empresas auxiliares na central das Pontes.

Así o informa a Subdelegación do Goberno tras un encontro da súa máxima representante co director xeneral territorial da zona norte de Endesa para analizar a situación da central. O encontro prodúcese tras a reunión mantida a pasada semana pola subdelegada do Goberno cos representantes das empresas auxiliares, que reclaman garantías de emprego para este colectivo.

Na reunión, un dos puntos analizados foi "o número de traballadores pertencentes ás empresas auxiliares que poden estar afectados o peche da planta xa que existe diferenza entre os representantes sindicais e Endesa".

"De feito, a subdelegada do Goberno trasladou ao representante da empresa as inquietudes e preocupacións manifestadas polos traballadores, aínda que o director xeneral territorial remitiuse aos datos facilitados polas propias empresas auxiliares á hora de cuantificar o número de posibles afectados", explica a Subdelegación.

PROBAS

Por outra banda, sinala que Miguel Temboury explicou a López-Rioboo a situación das probas de co-combustión que se están realizando na actualidade, á vez que detallou a grandes liñas o plan de futuro previsto por Endesa, "que destacou que prevé priorizar o emprego dos traballadores das empresas auxiliares".

"Incidindo, así mesmo, nos plans de formación, os plans ambientais e os proxectos de futuro para a zona, para os que require novo chan industrial, en cuxa consecución está a traballar conxuntamente co Concello das Pontes e a Xunta de Galicia", engade.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo e o director xeneral territorial da zona norte de Endesa, Miguel Temboury, nunha reunión sobre a central das Pontes. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo e o director xeneral territorial da zona norte de Endesa, Miguel Temboury, nunha reunión sobre a central das Pontes. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta