O alcalde de Santiago mostra o seu optimism ante o segundo semestre de 2021 que ve "excelente"

Xosé Sánchez Bugallo cre que 2022 será un "ano excepcional desde o punto de vista turístico e dos peregrinos que fagan o Camiño".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confiou en que a recuperación turística da cidade "comece" a partir de Semana Santa e que o segundo semestre do Ano Santo 2021 sexa "excelente", mentres que cre que 2022 será un "ano excepcional".

En declaracións aos medios tras asinar un convenio en Compostela, o alcalde asegurou que cre que o próximo ano, 2021, haberá "unha recuperación notable tanto dos fluxos turísticos como dos peregrinos, especialmente notable no segundo semestre do ano".

"Probablemente a partir de Semana Santa comece esta recuperación, de forma se cadra ao principio non demasiado intensa, pero segundo vaia avanzando o tempo cada vez máis intensa", dixo o alcalde, que está "convencido" de que o segundo semestre do ano "será excelente" e 2022 "será un ano excepcional desde o punto de vista turístico e dos peregrinos que fagan o Camiño".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta