Feijóo di estar "preocupado" pola situación da industria naval en Ferrol

O presidente da Xunta reunirase proximamente co alcalde da cidade.

Por E.P. | Ferrol | 05/10/2020 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reunirase proximamente co alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), para abordar a situación da cidade, que lle "preocupa".
"A situación de Ferrol non é nada fácil, a situación económica, a situación da construción naval, de forma máis particular, unha situación que preocupa e preocúpanos, tanto á Alcaldía como ao Goberno da Xunta, sobre todo pola situación das compañías auxiliares, do estaleiro público e de toda a economía da comarca de Ferrolterra", asegura Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe ao presidente da Cociña Económica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibe ao presidente da Cociña Económica | Fonte: Europa Press

Ditas manifestacións realizounas o titular do Executivo galego en Ferrol, na mañá deste luns durante unha visita realizada ás instalacións da Cociña Económica, que foron obxecto dunha reforma nos últimos meses. Alí, estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde desta cidade, Ángel Mato (PSOE).

Feijóo explicou que a finais da semana pasada recibiu unha carta do rexedor ferrolán para abordar algúns asuntos, polo que ese encontro será "de forma inmediata".

"Espero poder sentarme nos próximos días co alcalde de Ferrol para priorizar as cuestións máis importantes desta lexislatura, onde o máis urxente e importante é pór data e parametrizar o traballo que non temos e que cada vez escasea máis no estaleiro público de Ferrol, xa que esta é unha cidade na que se o sector naval non funciona, a cidade non pode funcionar", apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gazúo

Unha ducia de floteis a asunto arranxado. A que si? Fakejó