O Concello de Oleiros estuda querelarse contra Inspección pola destitución da directora do Colexio Luís Seoane

Foi "obrigada a dimitir" polo esquecemento dun escolar do centro nun bus escolar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/10/2020 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O Concello de Oleiros está a estudar a posibilidade de querelarse contra a Inspección de Educación "se a directora do Colexio Luís Seoane non é restituída no seu cargo", avanza nun comunicado despois de que fose, segundo denunciou a comunidade educativa, "obrigada a dimitir" polo esquecemento dun escolar do centro nun bus escolar.

Autobús escolar ás portas do CEIP Luís Seoane de Oleiros
Autobús escolar ás portas do CEIP Luís Seoane de Oleiros | Fonte: Google Maps.

"As ameazas, o abuso de poder, a vexación e as actitudes doutras épocas antidemocráticas empregadas pola Inspección poderían facer acudir ao goberno municipal aos tribunais", afirma.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, indica que, despois de dirixirse por escrito ao conselleiro de Educación para denunciar este caso, "espera que se arranxe este grave atropelo cometido coa directora do CEIP Luís Seoane".

"Teñen aberta unha investigación na Consellería, pero, pola actitude e polo que me dixo o conselleiro, creo que poderían resolver esta situación pronto para non acabar convertendo un gran de area nunha montaña", sostén o rexedor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta